A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco da comezo á Festa da Palabra, cun concerto o Luns 14 de Novembro ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA que correrá a cargo a cargo do grupo “Fran Amil e a tribo incomprensíbel” que presentarán o seu disco “ A voz do vento”, libro CD editado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que música diversos poemas do poeta chairego Manuel María.
A actuación musical é unha proposta aberta a todos os públicos, e de xeito moi particular ao público infantil e xuvenil, que achega ao público a poesía de Manuel María a ritmo de rock, unha proposta que resulta novidosa na medida que significa abrir por primeira vez ao poeta premiado este ano co Día das letras Galegas a novos estilos musicais.
“A Voz do vento”, recolle once composicións dos poemarios Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas, musicados por Fran Amil e a súa banda composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás.
A Pomba do Arco, con este primeiro acto da Festa da Palabra que nace como encontro literario musical arredor da poesía que tenta achegar a creación literaria ao grande público, tenta seguir homenaxeando ao poeta que mereceu o Día das Letras Galegas deste ano pero tamén ao socio de honra da Pomba do Arco e amigio de Foz Manuel María.
Os actos da Festa da Palabra terán continuidade o martes 15 de Novembro ás 20:30 no salón de exposicións do CENIMA de Foz, onde recitará os seus versos a poeta Marica Campo, persoa moi vinculada á Mariña de Lugo, onde residiu varios anos e onde exerceu como mestra.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



