Este venres, día 25, haberá un acto de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero diante da Casa do Concello de Foz. Será ás 11 da mañá e participarán representantes municipais e das asociacións de mulleres locais. O Concello focense invita “a todas as persoas a participar desta homenaxe no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, nunha loita na que debemos seguir perseverando desde todos os ámbitos da sociedade”.
Homenaxe ás vítimas da violencia de xénero en Foz
Homenaxe ás vítimas da violencia de xénero en Foz
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”