O triunfo de Donald Trump marca o fin dunha época na cal un confiado sistema establecido pregoaba o fin da historia, o fin da paixón e a supremacía dunha tecnocracia traballando para o 1%. Pero a época que comeza non é nova. É unha variación dos anos trinta, con economías deflacionarias, xenofobia e unha política de “divide e reinarás”.
A paixón regresou á política, pero non dunha forma que vaia a axudar ao 80% que quedou fóra desde os anos setenta. A paixón agora alimenta a misantropía. A paixón explota a mala hostia dese 80% para reacomodar o poder de arriba, mentres o 80% queda moribundo, traizoado e dividido. É NOSO deber deter isto. É NOSO deber empregar a paixón para a causa do humanismo.
As tonterías do sistema establecido estano levando á súa morte. Incapaz de comprender a crise económica que creou, mataron a Primaveira Grega porque podían. Levaron á maioría das familias británicas a unha austera desesperanza. Arrastraron a miles de alemáns a mini-empregos. Conspiraron para conter o posible efecto de Bernie Sanders. E cando Amencer Dourado, Brexit, Alternativa para Alemania e Donald Trump foron o resultado, responderon cunha mestura de desdén, negación e pánico.
A política mundial está vivindo máis cambios radicais que nunca desde os anos trinta. Unha Gran Deflación estase apoderando de ambos lados do Atlántico, rearmando as forzas políticas que estaban durmidas desde 1930. O uso que fai o presidente Trump de tácticas e discursos dignos de Mussolini é só un síntoma da posta en escena desta época sombría.
O espectro do Nacionalismo Internacional que se nos vén encima (desde Trump e o Brexit ata os gobernos de Polonia e Hungría, a Alternativa para Alemania, o próximo presidente austríaco e Marine Lle Pen só pode ser derrotado polo Progresismo Internacional que está construíndo o Movemento pola Democracia en Europa (DiEM25).
Pero, claramente, Europa non é suficiente. Os progresistas en Estados Unidos, que apoiaron a Bernie Sanders e a Jill Stein, deben unirse aos progresistas de Canadá e América Latina, para crear o Movemento pola Democracia nas Américas. Os progresistas de Medio Oriente, que se están desangrando contra o Estado Islámico, contra as tiranías e tamén contra os gobernos-títere de Occidente, deben unirse aos progresistas palestinos e israelís para construír o Movemento pola Democracia en Oriente Medio.
E os Mariñans de ben, que existimos, tamen debemos defender o noso, a política limpa, a desaparición das cazicadas, do enchufismo, do choriceo, das descriminacions, dos que foron as alcaldías como medio de vida etc etc.
En 1930, os nosos devanceiros fracasaron en conectarse con demócratas doutros sitios do mundo para deter a putrefacción. Agora debemos triunfar onde eles fracasaron. Hoxe, no día da vitoria da política do medo, o odio e a división, comprometémonos a loitar contra o Nacionalismo Internacional, a formar un Progresismo Internacional efectivo e poñer a paixón ao servizo do humanismo.
Otero Regal.