MUJERES EN IGUALDAD BURELA atópase realizando un curso de Intelixencia emocional, autoestima e coaching dirixido a mulleres vítimas de violencia de xero.
Este curso atópase integrado dentro do programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciado pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020, e forma parte das actividades que engloba o programa “Muller Rachando Cadeas” que Mulleres en Igualdade Burela vén desenvolvendo.
Este curso está a ser impartido de forma simultánea en Burela para toda a Mariña Lucense, e en Monforte de Lemos para a zona sur da provincia. Con este curso tentamos potenciar as habilidades sociais, a autoestima e mellorar a autoconfianza das mulleres que viviron un momento tan difícil como é a violencia de xénero- Manifesta Mary Fraga presidenta desta asociación.
Neste momento estamos a traballar dentro deste programa, con 56 mulleres que sufriron a violencia de xénero nas súas propias carnes, polo que o seu estado anímico sufríu unha importante deterioración e necesitan volver gañar confianza en se mesmas e descubrir o seu potencial para enfrontarse a esta sociedade e ao mundo laboral.
Traballamos con estas mulleres ao longo de todo o ano . Aínda que este programa comezámolo a desenvolver no mes agosto deste ano e finalizará no mes de abril do 2017, nós previamente xa viñamos desenvolvendo outro programa similar, aínda que non exclusivamente para mulleres vítimas de violencia de xénero, senón para mulleres en risco de exclusión social. P.R.I.A.P.E. chamábase o programa anterior, co que atendemos a outras 80 mulleres en situacion de exclusion social, e adquirimos a experiencia suficiente, para que programas como o P.R.I.A.P.E e o Muller Rachando Cadeas, teñan un impacto moi positivo cara á inserción laboral das mulleres que desde Mulleres En Igualdade estamos a tratar.
O axudar e traballar coas mulleres vítimas de violencia de xénero, o algo que hai que facer todo o ano, e aínda que o mes de novembro sexa o mes contra a violencia de xénero, e fanse moitos actos, presentacións, etc………..non é suficiente con que soamente participemos este mes contra a violencia de xénero. Esta loita e as actuacións necesarias deben de continuar durante os 365 días do ano, e só así conseguiremos que esta secuela social deixe de existir!
Durante este mes de novembro, Mulleres en igualdade Burela, ademais destes cursos que mencionamos, ten previstas outras actuacións: charlas e seminarios sobre violencia de xero noutros Concellos ademais de Burela, como Palas de Rei, Viveiro, Cervo……….etc, para os que contaremos coa presenza confirmada de Carmen Fúnez, Secretaria Xeral de Mulleres en Igualdade, Susana López Abella, Secretaria Xeral da Xunta de Galicia, Ana Pacio, xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegación de Goberno en Lugo, e Raquel Arias (aínda por confirmar).
Ademais, como todos os anos, Mulleres en igualdade Burela, poñerá unha mesa informativa diante do Concello de Burela o 25 pola mañá, e como non podía ser doutra forma, acudirá aos actos que están a organizar desde a Mancomunidade. Tamén aproveitaremos para presentar unha nova asociación de Mulleres en igualdade en Viveiro, que estará presidida pola veveirense Mariña Gueimunde.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



