O Xaén Paraíso Interior vence ao Pescados Rubén Burela por 5-2 nun duelo no que os andaluces aproveitaron as concesións visitantes para remontar o tanto incial da escuadra mariñá.
Comezou o partido coa Salobreja rexistrando o cartel de non hai billetes e nos primeiros compases observou como os burelistas levaron a iniciativa para conseguir abrir o marcador por mediación de Cuco, minuto 1. Os mariñaos realizaron unha posta en escena brillante pero co paso dos minutos o Jaén Paraíso Interior tomou o pulso do partido e reaccionou co empate conseguido por Chino, minuto 11. A igualada xienense desconcertou a un Pescados Rubén errático que entregou en bandexa a remontada local, José López marcou o 2-1 nunha acción desafortunada de Álex e Campoy enviou un potente zurdazo á escuadra tras unha concesión burelista. O 3-1 revitalizou a un Jaén Paraíso Interior que se apropiou do partido e rematou a faena co 4-1 nun contragolpe guiado por Mauricio e culminado por Javi Alonso, minuto 19. Ao descanso chegouse co 4-1 e na segunda parte repetiuse o guión inicial, a escuadra mariñá saltou con máis agresividade pero os andaluces lograron conter as súas embestidas cunha boa defensa e cun Dídac moi seguro toda a tarde. Trala acometida visitante chegou a quenda dos locais que gozaron dun penalti cometido por Álex que Solano enviou alto. Tras un tempo morto no minuto 29, o Pescados Rubén recorreu ao xogo de cinco para cambiar a dinámica do partido pero sen fortuna na definición, Matamoros estrelouse por dúas veces con Dídac que lograba manter a cómoda renda do seu equipo. O meta catalán adornou a súa boa actuación cunha gran asistencia a Campoy que recolleu un balón longo de Dídac para marcar a porta baleira o 5-1 que sentenciaba o partido, minuto 37. Iago Míguez logrou recortou distancias e o resultado final (5-2) declarou xustos vencedores aos andaluces.
Ficha técnica
Jaén Paraíso Interior: Dídac, José López, Campoy, Mauricio, Mauricinho, Chino –cinco inicial- Javi Alonso, Felipinho, Solano, Dani Martín, Murga.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Iago Rodríguez, Cuco, Antoñito -cinco inicial- Isi, Matamoros, Hélder, Renato.
Goles: 0-1, m.1, Cuco; 1-1, m.11, Chino; 2-1, m.14, José López; 3-1, m.14, Campoy; 4-1, m.19, Javi Alonso; 5-1, m.37, Campoy; 5-2, m.39, Iago Míguez.
Árbitros: Rodrigo Miguel, Sánchez Molina. No Pescados Rubén Burela amosaron cartón amarelo a Matamoros, Iago Rodríguez, Hélder e Renato, dobre amarelo e expulsado (m.40). No Xaén Paraíso Interior amosaron cartón amarelo a Mauricio.
*Foto: Prensa Jaén Paraíso Interior.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
