A grande figura literaria da pontevedresa comarca do Deza é, sen dúbida, Xosé Neira Vilas. Bastaría un só dos seus libros, “Memorias dun neno labrego”, o mais lido da literatura galega, para consagralo como unha primeira figura da historia literaria da nosa terra.
Coñecimos personalmente ó insigne autor o ano 1994, hai mais de 20 anos,cando en Foz pronunciou o pregón da Feira do Libro, da que o cronista era director e dende entón mantivemos con él e a dona, a cubana Anisia Miranda, tamén escritora, unha cordial amizade.
De entón conservamos carta na que dí: “ Volvín contento de Foz.Había moita xente na inauguración. Firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións.Teño estado neste ano e no que pasou en varias feiras, como pregoeiro e firmando nos meus libros, e a de Foz foi a mais concurrida, mais que a de Santiago e Ferrol, no acto e cirimonia inaugural. É a primeira vez que vou a unha feira do libro mais alá de Lugo ou Monforte, ben ó norte do noso país, e a experiencia foi ben fermosa”… Omitimos varias liñas por tratarse de alusións persoais; e remata Neira Vilas: “Todo, pois, moi alentador, moi ilusionante, e quería decircho directamente”.Pasado algún tempo visitamos á parella na súa casa da aldea de Gres, preto de Vila de Cruces, onde coa vivenda ten a sede a Fundación Neira Vilas, en edificio singular, proxectado polo arquitecto César Portela, coa biblioteca e o museo, que ambos doan para formar parte do patrimonio do pobo. Ao despedirnos, unha encomenda: ”Non vos marchedes sen coñecer as ínsuas do Ulla”. Pretiño da casa, nun remanso do río,de bucólica beleza,un archipiélago de cinco ínsuas, que son outras tantas carballeiras,comunicadas entre sí por senllos pontigos,compoñen unha estampa de insólita fermosura. Unha destas foi escenario da homenaxe que a Asociación de Escritores rendiu en 1990 ó ilustre intelectual. Un soneto, gravado en pétreo monolito,perpetúa o feito: “Auga, pedra, sol e vento/ aquí a ledicia é tanta/que todo rebule e encanta/e o Ulla vaise contento./ Teño nesta terra asento/ e un sentemento profundo,/un amor vivo e rotundo/ polo val onde nacín;/ son deste anaco do mundo”. O pasado día 27cumpriuse o 1º ano do pasamento do ilustre intelectual e amigo. Lembranzas para él.
Suso Fernández




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



