Barreiros, 26 de novembro de 2016. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros cualifica a decisión do alcalde, Alfonso Fuente, de non solicitar os galardóns Bandeira Azul como unha fuxida cara adiante para evitar recoñecer a súa incapacidade e a falta de atención que veñen sufrindo os areais barreirenses nos últimos anos. “Debemos lembrar que esta decisión non é tomada de xeito libre, senón que se adopta despois de ter perdido todas as bandeiras este verán polo incumprimento na prestación de moitos dos servizos básicos e obrigatorios”, sinala a portavoz municipal, Ana Ermida.
“O preocupante non sería que se renuncie ás bandeiras. O preocupante é a desidia, a falta de interese e de traballo que leva detrás. Se xa nestes anos, tendo que cumprir as esixencias de Bandeira Azul, o estado dos areais e os seus servizos eran absolutamente deficientes; podemos imaxinar como serán agora que evita con esta decisión ter que darlle explicacións a ninguén”.
Un plan integral para o desenvolvemento turístico
Desde o grupo municipal do BNG defenderán no pleno do vindeiro luns a elaboración “desde xa” dun plan de xestión dos areais que permita a súa posta en valor e coordine os usos dos mesmos para dar cabida a todo tipo de actividades turísticas.
“É preciso cambiar completamente a ordenanza que o PP aprobou coa única intención de contentar á ADEAC e que limita o desenvolvemento turístico a un único modelo. Debe facerse un plan turístico integral para aproveitar as praias, pero tamén para pór en valor outras zonas do concello que non están sendo promocionadas. E todo isto debe facerse con calma, con un proxecto claro do que se quere e con participación”, explica a nacionalista. “O desenvolvemento turístico dun concello non pode deixarse á improvisación ou aos caprichos da persoa que lle toque xestionar a área.”
Por iso, desde o BNG piden que se cree unha comisión pública ao efecto con participación de todos os grupos políticos, asociacións, comercio, hostelaría, etc. para empezar desde xa a traballar en que queremos para Barreiros e como podemos facelo de xeito que se aproveiten ao máximo os recursos e as sinerxias existentes.















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



