Cervo, 10 de novembro de 2016. A sentenza do 29 de outubro de 2016 do Tribunal Supremo que permite a Promociones San Ciprián S.L reclamar indemnizacións pola paralización esixida pola Xunta en 2010 da construción de 100 vivendas por afectar ao Castro da Atalaia en San Cibrao é froito da neglixencia na xestión urbanística do goberno municipal do PP, quen tendo coñecemento con anterioridade da existencia dun xacemento arqueolóxico na zona non tivo reparos en conceder licenzas de construción para beneficiar intereses privados en non os públicos, protexendo o Castro da Atalaia como era a súa obriga.
O PP, no goberno municipal, concedeu licenzas de construción a pesar de coñecer a existencia de restos arqueolóxicos na zona
Tal como especifica a sentenza do Supremo, o concello coñecía a existencia dun xacemento arqueolóxico desde 2005, cando lle foi comunicado o seu inventariado con motivo das catas ordenadas por Patrimonio nunha construción promovida polo concello na zona. A pesar disto en decembro de 2006 e abril de 2007, o goberno municipal do PP, non dubidou en conceder licenzas de construción para 100 vivendas, nin tan sequera paralizou as obras cando nas primeiras escavacións para cimentar un dos tres edificios apareceron restos arqueolóxicos, permitindo á promotora esbandallar parte do Castro da Atalaia e depositar os restos nun entullo a varios quilómetros, ate que activistas do BNG e veciñanza paramos os camións e chegou unha orde de Patrimonio para paralizar a desfeita.
O portavoz municipal nacionalista lembra que “mesmo antes do 2005, en 2004 con motivo aprobación polo pleno da corporación da exposición pública do avance PXOM, xa se documentaba a existencia dun xacemento arqueolóxico na zona, polo que o goberno do PP non podía alegar descoñecemento no momento de concesión das licenzas de construción.
Cada euro que agora se pague á promotora, como antes, cada muro destruído do Castro da Atalaia, son froito da neglixencia do goberno municipal
A actual sentenza do TS permitirá á promotora con dereitos urbanísticos na zona concedidos polo goberno municipal en decembro de 2006 e abril de 2007, “reclamar indemnizacións tanto ao concello de Cervo como entidade administrativa que concede o dereito de construír e recibe ingresos a cambio por estes permisos, como tamén á Xunta de Galiza que a obriga a realizar estudos arqueolóxicos, realizar actuacións de protección do xacemento descuberto e paraliza a construción dos edificios previstos”, valoraron desde o BNG.
“As cantidades que agora sume a indemnización á promotora, págueas o concello ou a Xunta, é diñeiro público perdido froito da neglixencia e mala praxe dun goberno municipal mai preocupado por protexer intereses privados que publicos”, ao que se deberá sumar a perda do valor patrimonial da parte do Castro “esbandallada co permiso” do goberno local, afirmou Bernardo Insua.
BNG –AA pedirá ao goberno municipal que informe sobre as consecuencias da sentenza para o concello a curto e medio prazo
O BNG pedirá ao goberno municipal que informe de maneira detallada sobre as consecuencias económicas ou de outra índole que ten esta sentenza para o concello de Cervo. A formación nacionalista reitera que a responsabilidade sobre a concesión dos dereitos urbanísticos finalmente perdidos sobre ese terreo pola promotora son exclusivamente municipais, polo que compre coñecer con antelación todas as consecuencias que poda ter a curto e medio prazo.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



