“Por fin!!”. Esa foi a exclamación dos veciños dos barrios Da Cruz, Sacido, Pereira e Carreira da parroquia de Covas ao ver colocada a marquesiña da parada de bus despois de levar varios anos insisitindo para que isto se producise sendo as súas reclamacións motivadas de maneira moi especial para poder protexer de todo tipo de inclemencias aos nenos que van ao colexio.
Esta marquesiña que se sitúa a carón da estrada LU -862 (preto da rotonda das Sirenas) motivou que en numerosas ocasións e a petición dos propios veciños, o grupo municipal do Partido Popular de Viveiro presentase en distintos plenos varios rogos e preguntas dirixidos ao goberno local para que se colocase a citada marquesiña.
Así, cabe recordar o rogo presentado en febreiro do 2014 onde xa se demandaba a súa colocación, posto que como consecuencia dos danos provocados na mesma por un temporal, esta fora retirada, o que causou innumerables molestias ós veciños destes barrios.
A raíz da colocación dunha marquesiña nova en Suasbarras, a substituída foi trasladada o 24 de xuño de 2014 para a súa colocación no barrio da Cruz, sendo depositada nunha finca privada coa correspondiente autorización do propietario. Ante esta situación e como consecuencia de que pasaba o tempo e non se colocaba, o grupo municipal do PP de Viveiro insistiu nos plenos de outubro do 2014 e novamente no de novembro de 2015 para que o goberno municipal socialista arranxase esta situación o máis rápido posible. Nese momento se nos informou que a marquesiña alí depositada non reunía as condicións necesarias para o seu uso e que no seu sitio se colocaría unha nova. Pois ben, un ano despois – novembro de 2016 – fíxose realidade o prometido naquel momento, sendo este feito anunciado polo concelleiro de obras a bombo e platillo en distintos medios de comunicación. Sen dúbida, todo un prodixio de rapidez na execución deste asunto.
Non cabe dúbida que desde o PP de Viveiro nos alegramos polos veciños destes barrios que xa poden usar a tan ansiada marquesiña, pero non nos esquecemos de recordarlle ao equipo de goberno local que xunto con esta, tamén lles demandábamos na mesma petición a colocación doutra no barrio do Chao en Celeiro, onde levan varios anos agardando a que se lles coloque novamente e que xa había, e que fora retirada (según parece) como consecuencia da ampliación da estrada.
E tamén queremos denunciar o abandono en que se encontra a marquesiña de bus en Area (Faro) ao carón da igrexa. Agardemos que espabilen e non pasen varios anos máis sen dar este servizo aos veciños desta zona de Celeiro e de Area.
Celestino Garcia Paz
Concelleiro do PartidoPopular de Viveiro.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



