Este ano académico o Colexio Martínez Otero de Foz puxo en marcha unha Escola de Idiomas. Este proxecto céntrase no ensino de linguas estranxeiras en horario extraescolar e está dirixido a todo o alumnado das diferentes etapas educativas.
Deste xeito, o Colexio Martínez Otero acaba de recibir a placa acreditativa como Colexio Certificado pertencente ao Plan Integral de Plurilingüismo Educativo (PIPE). Trátase dunha proposta para a potenciación, mellora e estandarización do ensino de segundas linguas nos centros educativos a través de tres eidos básicos: o curricular (incremento cualitativo e cuantitativo na ensinanza de segundas linguas), o complementario (realización de certificación Cambridge English ou Trinity College London) e o eido extraescolar (proxectos de centro específicos).
Neste contexto, a innovadora Escola de Idiomas Martínez Otero, que a día de hoxe xa conta con corenta e nove alumnos de diferentes idades desde infantil ata adultos, pretende adaptarse á realidade de cada quen apelando aos diferentes campos educativos e/ou profesionais. Ademais, xa se a está a estudar, cos diferentes estamentos municipais, a posibilidade de formar un novo grupo orientado cara á actividade profesional dos sectores empresariais da vila.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



