A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro convoca este vindeiro sábado 5 de novembro ás 20:00 horas.a todo o público da bisbarra á representación teatral do grupo Os Trocos (Outeiro de Rei) coa obra “BarVarela: almorzos e cubatas”.
A obra pode verse no Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Valadouro grazas ao Programa Buxiganga, o Proxecto teatral educativo que promove a Área de Cultura da Deputación de Lugo
A obra discurre no BarVarela, nun recuncho entre Taboada e Chantada, bar no que conviven diferentes personaxes como coristas de orquestras, homes ociosos..ata que un suceso misterioso acaece neste local.