Lugo, 2 de decembro de 2016. Tras a aceptación pública da proposta do BNG, por parte do PSOE e PP, Xosé Ferreiro advertiu que “a proposta do BNG vai no camiño de avanzar cara a eliminación definitiva destas institucións caducas, non se trata dun novo reparto, se non de que a Deputación perda o poder de decisión sobre a utilización dos cartos nos concellos” e engadiu que “mentres as Deputacións non desaparezan traballaremos para que sirvan para apoiar aos concellos con máis dificultades, por que para iso foron creadas no seu momento”.
A proposta do BNG para a distribución dos fondos da Deputación, entre os concellos, ten como obxectivo o baleirado de funcións das Deputacións. “Non se trata dunha reasignación dos fondos que xa se estaban entregando aos concellos se non de artellar un único programa para asignar de xeito obxectivo, equitativo e transparete os fondos provinciais a todos e cada un dos concellos lucenses” explicou Ferreiro. Coa proposta do BNG os fondos provinciais pasarían a ser xestionados directamente polos concellos e a existencia das Deputacións deixa de ter sentido.
Ferreiro explicou que “está proposta está enmarcada no acordo que BNG e PSOE asinaron para garantir a gobernabilidade das Deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra” e engadiu que “no caso de Lugo serviría para cuadriplicar os fondos que reciben os concellos dende a Deputación”. O BNG leva a cabo un plan nas Deputacións de Lugo, Pontevedra e Coruña para camiñar cara a súa desaparición definitiva, unha proposta que está entre os principios do BNG dende fai moitos anos e que agora da un paso máis materializando esta proposta en tres das catro deputacións galegas.
O Plan Único de Obras e Servizos, presentado polo BNG, irá dirixido a englobar todas as axudas da Deputación aos concellos. O actual plan de obras e servizos, na actualidade, ronda os 5 millóns de euros e coa proposta do BNG a dotación mínima será de 20 millóns de euros. No plan incluiríanse todas as liñas dea xudas que recibe nos concellos e garantirase un reparto completamente obxectivo. Neste plan tamén iría incluído o 25% que aportaban os concellos ata o momento nas obras do POS, pasando a sufragar a Deputación o 100% do seu custe. Neste plan incluiríanse as seguintes liñas de axudas que ata agora se xestionaban por diferentes cauces cos distintos concellos como o actual POS; as subvencións excepcionais; os plans de cooperación con comunidades veciñais; os plans de emprego que xestiona directamente a deputación (Ben Empregado e Depuemprego…); os remanentes que se produzan ao rematar o ano 2016; o servizo de axuda no fogar (SAF); as liñas de aforro enerxético; e todas as liñas de cultura e deporte.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



