A XUNTA LOCAL DA AECC (ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA DO CANCRO) DE VIVEIRO quere agradecer a doazón da cantidade de 19.300 euros á AECC, recibida de mans das tres mulleres organizadoras do evento “UN DÍA PARA NÓS”: Dna. Mª Ángeles Galdo Sánchez, copropietaria do Hotel Restaurante O Val Do Naseiro, Dna. María Isabel Casas Pérez, propietaria da Pizzería Sixties e Dna. Teresa Pérez Rodríguez, propietaria do Centro de Psicoloxía e Coaching e-movere.
“UN DÍA PARA NÓS” espertou unha onda solidaria en VIVEIRO e noutras poboacións da Mariña lucense e iso débese ao esforzo e implicación destas tres mulleres que de maneira totalmente desinteresada e co único obxectivo de axudar a recadar fondos para a loita contra esta dura enfermidade puxeron todo o seu empeño e dedicación en organizar un evento sen precedentes na nosa localidade.
Queremos así mesmo dar as grazas a todas as empresas e persoas, algunhas delas que pediron manter o seu anonimato, a súa colaboración e implicación no mesmo xa que sen elas todo isto non fose posible:
– para o Taller de convivencia: Centro de Psicoloxía e Coaching e-movere, Barbería Célica, Barbería Carla Rico, Barbería Lucía Ferro, Farfala e Encantos.
– para a gala benéfica: Hotel Restaurante Val do Naseiro, Pizzería Sixties, Distribucións Morandeira, Cetaria De Espasante, Martín Codax, Distribuidora Lucense, Conxelados Lofre, Adegas Rioxanas, Conxelados Sarriáns, Carnicería Rufino, Pastelería Novo/ O Forno De Lolo, Pastelería Panadería O Landro, Vendas De Hostalería, Beiramar Hostalería, Raquel Seijido, Cafés Las Candelas, Grafitty, eMe Copistería, Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro (Concello de Viveiro), Escola de baile GoldDance, a cantante Marietta, Dj Marco Fernández.
– para o cinema benéfico: Cinemas Viveiro.
– para divulgación: Gráficas Lareira, La Voz de Galicia, El Progreso, El Heraldo de Viveiro, Radio Voz Ribadeo, Radio Burela, Ser A Mariña, Radio Foz, Cadena Cope Ribadeo.
“De antemán queremos pedir desculpas se nos esquecemos dalgunha”.
A AECC é unha organización non lucrativa privada que leva 62 anos funcionando en España e 57 anos na provincia de Lugo loitando contra o cancro, co obxectivo de diminuír o impacto causado por esta enfermidade e mellorar a calidade de vida das persoas que a sofren directa ou indirectamente.
O seu labor non podería realizarse sen unha sustentabilidade económica, sustentabilidade que se obtén con doazóns como esta, por iso a importancia desta doazón da que se nos fai entrega.
Aproveitamos a ocasión para facilitar a todas aquelas persoas que estivesen interesadas en informarse dos servizos que ofrece a AECC os datos de contacto: Teléfono da Delegación Provincial de Lugo: 982 250 809 e 900 100 036 (teléfono gratuíto) e dúas web: www.consultorio.aecc.es e www.aecc.es.
Nos devanditos teléfonos e páxinas web as persoas interesadas poderán obter información sobre calquera tema relacionado co cancro, os servizos que ofrece a AECC, o asesoramento profesional ou apoio médico, psicolóxico e de traballo social que puidesen necesitar.