José Landeira Yrago, escritor e xornalista, redactor-xefe do Faro de Vigo, e amigo íntimo do mindoniense, cando éste en 1965 accede á dirección, Landeira pasa a subdirector ás ordes daquél. Ó producirse a marcha de Cunqueiro do Faro (1970) négase a sustituilo na dirección. Mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do vetusto xornal, no que permañeceo ata a xubilación. Á súa norte (1995) deixou unha ducia de libros publicados e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografados), inéditos, referidos á personalidade do autor de “Merlín e familia”, dende unha óptica que non é coñecida do gran público. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o neto Renato, abogado e xornalista, dispón das notas do avó que ordea e actualiza “en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista” editándose co devandito título. Foron cinco anos de obra conxunta Landeira-Cunqueiro; Cunqueiro-Landeira no Faro, de traballo diario, pero tamén moito de fugas.. A obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, de xuizos literarios e reflexión amena sobre a súa vida, preñada de anécdotas; a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ó tempo que debuxa as peripecias dun escritor obrigado a exercer o traballo de periodista como medio de vida. Trátase do Cunqueiro mais humán, mais amigo dos seus amigos, mais creativo e mais inconformista…
Na Redacción de “La Voz de España” onde escribía a sección “Verbas”, entrou nunha ocasión o redactor-xefe cunha fotografía na man, preguntando quén sabía inglés para traducir o pé da mesma. O único que dixo saber o idioma foi don Alvaro. Traduciu o pé sen a menor dificultade. Dias despois ocurríu o mesmo con outra foto da mesma axencia, cuxo pé tradicíu nun santiamén. Unha vez publicados, o representante da axencia fixo saber á redacción que os textos dos pés supostamente traducidos nada tiñan que ver co asunto das fotografías. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un compañeiro redactor quixo comprobalo: recortou unha crónica dun xornal inglés e, de parte do director, pediulle ao mindoniense que o traducise. Éste, sen inmutarse, negouse.”Eu viñen eiquí, dixo, como redactor. Se queredes tamén que faga de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo…”
En 1940 cando Manuel Halcón, gran amigo de Cunqueiro, xa non dirixía ABC, recibiu dende Mondoñedo unha carta déste con data 11-12-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles,18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte, en la D. G. de S., pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.
Suso Fernández



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



