Foz a 19-12-2016.- A militancia socialista de Foz defende a democracia interna como esencia mesma do PSOE e que mediante eleccións primarias, co voto directo, segredo, e libre dos afiliados e afiliadas, se elixa á persoa que haberá de ocupar a secretaría xeral do partido. Posto que considera que calquera outra opción significaría unha involución democrática inaceptable, non só para militantes, simpatizantes e votantes, senón ante a sociedade española.
Como consecuencia dos graves acontecementos acaecidos no seo do PSOE durante o pasado mes de outubro que desembocaron na dimisión do Secretario Xeral, forzando o nomeamento dunha Comisión Xestora que dirixe desde entón o partido. Pola orde transmitida pola mesma ao Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados para cambiar o voto do non pola abstención na investidura de Mariano Rajoy e porqué ambas as decisións están a provocar división e tensións entre os socialistas.
Como a Comisión Xestora é un órgano extraordinario provisional cuxa única misión e obxectivo é a celebración dun Congreso que resolva a situación de interinidade actual, urxe que se dean os pasos necesarios para devolver ao PSOE, en todos os seus ámbitos territoriais, á normalidade orgánica e á lexitimidade interna que sempre o caracterizaron.
Por todo isto, a asemblea do PSdeG-PSOE de Foz, resolveu por unanimidade, requirir á Comisión Xestora para que dea os pasos oportunos, para que sexa convocado, de maneira INMEDIATA un Congreso Federal, en cumprimento do artigo 36 o) dos Estatutos Federais, previa celebración de eleccións primarias, para que afiliados e afiliadas do PSOE poidan elixir ao seu Secretario/a Xeral.
Entendemos que xa non existe ningún condicionante para retrasar mais dita convocatoria e que o PSOE non pode botar un día mais sen unha nova dirección con un liderazgo definido e avalado pola militancia de base.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



