O Grupo Municipal de “Foz,Plataforma de Futuro” rexistraba este venres no Concello de Foz as súas propostas para incluir no presuposto do vindeiro ano 2017, van repartidas en duas partes: por unha banda as modificacións que se deben facer sobre a proposta borrador que o Alcalde nos propuxo e por outra banda as propostas de obras a incluír.
MODIFICACIÓNS SOBRE A PROPOSTA BORRADOR DA ALCALDÍA:
– Destinar 220.000€ para o plan de emprego,( EN VEZ DE 140.000€) incluír neste plan de emprego servizos do plan verán que a continuación enumeramos: Suplemento limpeza praias (25.000€),suplemento limpezas urbanas e baldeo (25.000€),suplemento recollida de basuras e fines de semana (20.000€),suplemento rozas mecánicas e xardinería (25.000€) e suplemento adecentamento urbano,obras e pintado (60.000€) .Deixaríamos para o plan verán o suplemento de socorrismo un mes mais valorado en (25.000€),suplemento promoción turística (20.000€),suplemento deporte (carreira popular,campionatos varios (10.000€) e inversións en material e medios 10.000€) o que sumaría para o plan verán 65.000€.
– No anexo Festas o Alcalde nos propón poñer unha partida de 135.000€ ampliando esta partida nun 90%,(este ano había unha partida de 70.000€) dende FPF somos consciente que a cantidade que había anteriormente era insuficiente pero parécenos que as subidas debían ser progresivas e nos propoñemos unha suba do 28% deixando a partida en 90.000€, aforrando 45.000€ que poderíamos destinar a outros menesteres.
– Dende a Alcadía se propón facer a festa do xubilado e invertir 12.000€ e dende FPF a nosa proposta e facer a festa do xubilado onde destinaríamos 6.000€ e facer unha festa da Xuventude onde destinaríamos outros 6.000€.
PROPOSTAS DE OBRAS A INCLUIR:
– Asfaltar a pista do Rego de Mañente, e dende A Picana ata o Cementerio de Vilaronte.
– Rematar o saneamento en Sta Cecilia no barrio de Vilazizal.
– Consignación presupostaría para a creación de dúas prazas públicas con WIFI no noso Concello como poderían ser Praza de Galicia e Praza Conde de Fontao.
– Consignación presupostaría para acondicionar a segunda planta da Antiga Escola de Fazouro.
– Consignación presupostaría para o cambio de rede de auga na zoa de Alemparte en Cangas, anque non sexa todo xunto,empezar por unha fase.
– Consignación presupostaría para reparar o Centro Social (50.000€)
– Aumentar en dúas persoas a axuda a domicilio.
– Poñer consignación presupostaría de 100.000€ para a construción das novas instalacións da protectora de animais.
– Aceras Vilaxoane mais pasarela encima do rio (25.000€)