O Frutas Jose FSF levouse o derbi ante o Burela FSF B nun encontro que respostou ás espectativas levantadas e que agradaou ao numeroso público que se deu cita no Antonio Tarrio.
O partido comenzou cun Burela que agardaba en media cancha ao Frutas Jose, á espera de lanzar rápidos contraataques que sempre foron ben controlados pola defensa local e en última instancia por Laura, que tivo que intervir un par de veces con gran acerto.
As locais eran as claras dominadoras da posesión de balón e chegaban con moito perigo diante da meta defendida por Nerea, que evitou coas súas intervencións que o marcador se movera, chegándose ao descanso con empate a cero goles.
A segunda metade seguiu co mesmo guión, coas xogadoras locais buscando o gol e as visitantes á espera da súa oportunidade á contra, guiadas polas xogadoras do primeiro equipo Sofia e Paula Cortiñas, pero sería o Frutas Xose o que se adiantaría no marcador tras un tiro a porta de Marta que unha xogadora visitante desviou ao fondo da rede.
O Burela buscou o empate e a piques estivo de conseguilo nos últimos intres pero o pao da porteria local evitouno, chegándose ao final co resultado de 1-0 para as locais, que vendo como se desenvolveu o partido, e un resultado xusto e algo curto para os méritos das xogadoras do Frutas Jose.
O Frutas Jose pecha así o ano e a primeira volta da liga no segundo posto da clasificación, moi por riba dos obxectivos marcados ao inicio da liga, pero que é o premio ao traballo levado a cabo por todas as compoñentes da plantilla.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
