Cervo, 19 de decembro de 2016. O Concello de Cervo pon en marcha o programa Xuventude no Nadal, que inclúe actividades do 26 ao 30 deste mes. Foi presentado no Instituto de Secundaria Marqués de Sargadelos, de San Ciprián pola concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e o de Deportes, José Ramón Soto Martínez.
Dentro desta iniciativa haberá competicións nas que poderán participar equipos formados por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5 compoñentes, de idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos. As probas, que se desenvolverán no pavillón de San Cibrao os días 26, 27 e 28 a partir das 17 horas, serán de volei 3×3, baloncesto 3×3, fútbol 3×3, pádel 2×2, zorb ball, rocódromo, pista americana, circuíto de cars a pedais e A Cervo Oca, con pistas preguntas e probas. Os interesados en participar poden apuntarse na Casa do Mar, de San Cibrao, chamando aos teléfonos 982.879.593 ou 691.656.600, ao que tamén se pode enviar unha mensaxe de whats app, ou enviando un correo electrónico á dirección dinamizacion@concellodecervo.com.
Ademais o xoves 29 ás 20 horas proxectarase no auditorio da Casa de Cultura a película O club dos incomprendidos e o venres 30 terá lugar na Casa do Mar a festa de clausura, que comezará ás dez da noite, ás 23 horas haberá un monólogo a cargo de Carmen Conde, para as 23:30 horas está programada a entrega de premios das competicións e a partir das 23:45 haberá música de DJ. Os que queiran apuntarse para ser DJ nesta festa deben apuntarse a través da dirección de correo electrónico dinamización@concellodecervo.com ou enviando un whats app ao teléfono 691.656.600.
Haberá premios, de 100 e 50 euros en vales para gastar en establecementos do concello, para os dous equipos mellor clasificados en cada categoría das competicións.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



