O BNG de Viveiro ven de rematar o acondicionamento da súa nova sede local, ubicada na Avda. de Ferrol, nº 1 (Entrechán interior – galerias). Unha sede cuxo obxectivo principal do BNG é facer dela un espazo de encontro aberto a todas as veciñas e veciños de Viveiro, así como aos colectivos veciñais, culturais, xuvenís, deportivos e outros que desexen compartir coa xente do BNG o proxecto que nos une a todas e todos, e que non é outro que Viveiro.
Co obxecto de dar a coñecer a nova sede á veciñanza, o BNG de Viveiro vai celebrar a inauguración do seu novo local o sábado 10 de decembro a partir das 12.30 horas. Neste acto contaremos coa presencia, entre outr@s cargos institucionais e organizativos, da nosa deputada e Viceportavoz no Parlamento Galego, Olalla Rodil.
O BNG de Viveiro convida e anima á veciñanza a achegarse á Avda. de Ferrol, nº 1, o vindeiro 10 de decembro, para participar deste acto inaugural.