Lugo, 27 de decembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular agradece o compromiso posto de manifesto pola Xunta de Galicia para darlle remate ás obras de acondicionamento da LU-124. En concreto, o deputado popular, José Manuel Yanes Ginzo, explica que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo licitará e executará o acondicionamento do treito entre as vilas de Riotorto e Vilameá (A Pontenova), unha vez sexan executadas as correspondentes ao treito entre Lindín e Cruz da Cancela, actualmente en contratación.
Así, na sesión plenaria celebrada esta mañá na que se esixiu a licitación e execución das obras de acondicionamento da estrada LU-124 entre as vilas de Riotorto e A Pontenova, Ginzo agradeceu o “forte” investimento público que a Xunta de Galicia está a dirixir ao acondicionamento desta infraestrutura e aclarou que o Goberno galego xa anunciou que actuará no treito entre Riotorto e A Pontenova, unha vez sexan executadas as obras do treito da LU-124 entre Lindín e a Cruz da Cancela.
Os populares rexistraron na sesión plenaria unha emenda de substitución á iniciativa socialista neste senso, co obxecto de que o departamento da Consellería de Infraestruturas e Vivenda actúe unha vez rematadas as obras que están contratadas e que non foi aceptada por socialista nin por nacionalistas. Ginzo entende que “é sensato e xusto defender o investimento no treito pendente (Riotorto-Vilameá) pero tamén é sensato e xusto entender as limitacións orzamentarias xa que os fondos dos que dispón a Xunta son limitados e é necesario actuar de xeito continuado”.
Forte aposta do Goberno de Feijóo pola LU-124
O deputado popular lembrou que a Xunta de Galicia xa garantiu investimentos no acondicionamento da LU-124 por importe de máis de 2,6 millóns de euros. “A maior aposta polas estradas destes concellos”, asegura. Así, xa están acondicionados os treitos de Mondoñedo a Lindín (A8) e o da Cruz da Cancela a Riotorto. De feito, engadiu Ginzo, “agora mesmo están contratadas e a piques de escomenzar as obras do treito Lindín- Cruz da Cancela, ás que se destinarán 1,7 millóns de euros”.
Actuacións relevantes realizadas na LU-124:
-Travesía de Mondoñedo, executada no 2016, por un importe de 154.000 euros
-Treito Mondoñedo-Lindín, acondicionado en 2015, cun investimento de 703.713,63 euros, con actuacións que incluíron rehabilitación do firme e mellora e ensanche da plataforma e da sinalización e balizamento.
-Lindín-Cruz da Cancela: obras contratadas, cuxo proxecto inclúe a mellora do treito, con ensanche da estrada, mellora da drenaxe lonxitudinal e rehabilitación do firme, entre outras.
-Cruz da Cancela-Riotorto, acondicionada no ano 2003 co investimento de 2.860.216 euros.
-Riotorto-Vilameá (Pontenova): proxecto redactado cun investimento previsto de 604.050,26 euros e cuxas obras serán licitadas e executadas unha vez sexan finalizadas as do treito Lindín-Cruz da Cancela.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



