Ribadeo, 27 de decembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, critica que a Xunta tan só aportara 6.500 euros para o arranxo da rúa Alza, que onte visitaba o delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro. O presuposto desta obra ascendeu a 56.000 euros aportados na súa maioría pola Unión Europea e polo Concello. O rexedor deu a coñecer unha sentencia ademais na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle da a razón ao Concello fronte á Xunta, que lle adebeda desde hai dous anos a subvención de 83.000 euros correspondente á segunda fase da obra realizada na rúa Ramón González.
O alcalde de Ribadeo sinalou: “xa dicían os vellos que é boa verdade que cae antes un mentiroso que un coxo, porque logo parece que a Ribadeo lle caese o gordo do Nadal neste último sorteo pola chea de cousas que a Xunta de Galicia fixo nestes últimos tempos. E o certo é que desgraciadamente só fan aquilo que estritamente nos corresponde por lei e nin iso, porque se fora así igual ata non tíñamos moito que dicir, pero lamentablemente non é así”.
Suárez Barcia referiuse “á rúa que onte visitou o señor Balseiro e que custou en total arranxala, modernizala e botarlle aglomerado asfáltico, 56.000 euros, grazas á Unión Europea e ao Concello de Ribadeo fundamentalmente. A pregunta é se sabe a xente canto puxo de xeito efectivo a Xunta de Galicia nesta obra duns 56.000 euros. Pois puxo nada máis e nada menos que a impresionante cantidade de 6.514´05 euros, o que supón un 11´57% do total. O resto, practicamente un 50% pono a Unión Europea, o 5% o Estado que tampouco pon demasiado, e o Concello pon a diferenza, o 33%. O Concello pon o triplo do que pon a Xunta de Galicia”.
O alcalde de Ribadeo insistiu: “estaríamos xa satisfeitos se nos deran o que nos corresponde, e digoo tristemente porque nin iso”.
O rexedor fixo pública hoxe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, “onde nos dá a razón e quítalla plenamente á Xunta ademais dun rapapolvo que lle mete, para que nos pague a subvención de 83.000 euros que desde hai dous anos nos está negando por, segundo ela, presentala fora de prazo. Neste caso falamos da segunda fase da rúa Ramón González que se fixo hai dous anos. Cando a execución da obra e a súa xustificación se fixo estritamente ben e estritamente con arranxo ás bases das subvencións que a propia Xunta ditou e aprobou”.
Fernando Suárez espera que “os representantes da Xunta cando queiran vir por aquí pasear e tomar o café que veñan sempre, sempre terán unha man aberta para recibilos, pero que cando menos que deixen algo, e desde logo que conten a verdade”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.