O Pescados Rubén Burela FS deuno todo pero non puido cumprir co sexto triunfo consecutivo na pista de Catgas Energía (2-1), nun partido moi igualado no que os mariñáns acusaron o cansazo, con outros dous encontros disputados no últimos seis días. “Non teño nada que reprochar, démolo todo” aseguraba Daniel Ibañes ao final dunha cita na que os galegos viron desvanecerse no último minuto un empate “case atado”: “A nosa intención era esperar atrás e buscar a contra, pero subindo un pouco a defensa vimos que podiamos facer máis dano, aínda que quizais esa ambición foi pola que atopamos o segundo gol en contra, escapándose o empate”.
Iago Míguez, no minuto 14, puido devolver a igualdade ao marcador tras a vantaxe tomada polos locais no 8, de Maxi Rescia; o disparo disparo afastado do 5 laranxa entrou no intento de desvío de Rafa López.
O gol resistiuse na continuación. Tras as primeiras tentativas locais, tivo a iniciativa nos seus pés Iago Rodríguez, desbaratada por Prieto; roldaba o 26 de xogo e tan só un minuto despois volveu tentalo Matamoros liquidado por Javi Rodríguez. Os de Daniel Ibañes tiveron que loitar desde a medianía do segundo acto co lastre das cinco faltas; soubo manter a contenda o Pescados Rubén, aínda que nunha recta final moi intensa volveu aparecer Rescia para arrebatar un resultado positivo para os laranxas.
Ficha técnica
Catgas Energía FS: Prieto, Rafa López, Sepe, Curvo e Dani Salgado, cinco inicial; tamén xogaron Sergio, Maxi, Pablo do Moral, Javi Rodríguez.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Iago Míguez, Iago Rodríguez, J.Bellvert e Antoñito , cinco inicial; tamén xogaron Isi, Matamoros, Cuco, Petry.
Goles: 1-0, minuto 8, Rescia; 1-1, minuto 14, Iago Míguez (pp Rafa López); 2-1, minuto 39, Rescia
Árbitros: Moreno Reina // Ramos Marín. Por Catgas amarela a Javi Rodríguez (minuto 29), Dani Salgado (39), Sergio (39). Por Burela FS amarela a Cuco (minuto 16), Bellvert (minuto 29), Isi (minuto 30).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División LNFS disputado no Pavelló Nou.
*Fotos: Prensa Catgas Energía FS.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
