Foz, 2 de decembro de 2016. Os nenos e as nenas de Foz están de noraboa. Os que fagan as súas compras no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto ata o 12 de decembro poderán recoller unha carta para enviarlles aos Reis Magos. Na misiva terán que poñer o seu nome, idade e colexio no que estudan, deberán dicir cal é a materia que máis lles gusta e tamén a que menos, en qué teñen que mellorar e qué tres cousas lles gustaría recibir o día de Reis. Unha vez que teñan a carta lista teñen que volver ao establecemento a depositala antes do día 13 e despois as súas maxestades de Oriente contestarán a todas as cartas enviadas polos rapaces e rapazas de Foz.
Esta novidosa iniciativa enmárcase dentro das actividades programadas polo Centro Comercial Aberto focense para este Nadal. Durante as vindeiras semanas terá lugar unha nova edición do concurso de escaparates. Os establecementos interesados en participar teñen que enviar as fotos dos seus negocios á seguinte dirección de correo electrónico aciafoz@gmail.com antes do día 16 e do 17 de decembro ao 6 de xaneiro poderanse ver no facebook da asociación e poderanse votar. Aquela foto que reúna máis “me gusta” ao longo deses días será a gañadora do concurso de escaparates deste Nadal.
Ademais o Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 1.000 euros en vales de compra. Será entre os clientes que fagan as súas compras no comercio asociado local entre o 17 e o 24 de decembro. Alí van recibir uns boletos que deberán cubrir e depositar nas árbores dos desexos que atoparán nos establecementos que participan nesta campaña. E o día 27, entre todos os recibidos, 10 serán premiados con 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase a través da emisora local Radio Foz.
Acia/CCA de Foz tamén contribuirá con diversas propostas á ambientación das rúas da localidade durante este Nadal 2016/2017.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



