Burela 30-12-16. A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Nadal 2016, os premiados nesta edición foron os seguintes :
No Certame de Poesía Infantil:
Categoría B ( de 9 a 11 anos) :
-1º Premio : Sergio Romero González de 10 anos do CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: Nerea Francos Cornide de 10 anos do CEIP VISTA ALEGRE.
-3º Premio: Lucía Cancelos Rebolo de 11 anos do CEIP VISTA ALEGRE.
Os gañadores desta fase local , pasarán a fase provincial do certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
No Certame de Postais do Nadal 2016 os gañadores foron :
– EDUCACIÓN INFANTIL:
-1º Premio: Juan Jiménez Rodríguez, de 5 anos e do CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: Sara Álvarez Fernández, de 4 anos do CEIP VISTA ALEGRE.
-3º Premio: Clara Vázquez Cayón, de 3 anos do CEIP VIRXE DO CARME.
1º E 2º DE EDUCACIÒN PRIMARIA:
-1º Premio: Xosé Riveira Alonso , 2º de primaria do CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: Lorena Rancaño Alonso , 2º de primaria do CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: Jesica Pereira Pinto, 1º de primaria do CEIP VIRXE DO CARME.
3º E 4º DE PRIMARIA:
-1º Premio:Laura Alonso Fernández , de 4º de primaria do CEIP VIRXE DO CARME.
-2º Premio: Ximena Riopedre Orosa, de 3º de primario do CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: Xiana González Fernández , de 3º de primaria do CEIP VISTA ALEGRE.
5º E 6º DE PRIMARIA:
-1º Premio: Ayelén Jiménez Rodríguez, de 5º de primaria do CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: Yamina González Abad, de 5º de primaria do CEIP VISTA ALEGRE.
-3º Premio: Daniel Pernas Martinez, de 6º de primaria do CEIP VIRXE DO CARME.
Os premios serán entregados na Sala de Arte da Casa da Cultura o vindeiro venres, 13 de xaneiro .
Os traballos gañadores están expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura ata o vindeiro día 13 de xaneiro . O seu horario de visita é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas ás tardes.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



