Viveiro a 20 de xaneiro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción do PP de Viveiro para que o club del mar de futbol de Celeiro xogue na temporada 17/18 na instalación deportiva de Lavandeiras
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O PP de Viveiro trae de novo a este pleno a posibilidade de que o Club del Mar de fútbol de Celeiro entrene e xogue os seus partidos na instalación deportiva de Lavandeiras.
Dende o noso grupo xa nos interesarámos por esta posibilidade na temporada na que retomaron a súa actividade – temporada 14/15 – e asi plantexabamos no Pleno do 4 de decembro de 2014 unhas preguntas alusivas a esta situación, contestándosenos por parte da Alcaldesa que os organizadores do Resurecction Fest ían arranxar o campo e logo se lles deixaría utilizalo a esta entidade.
No ano 2015, novamente o PP de Viveiro se volvía a interesar pola situación destas instalacións, ó presentar unha moción para o remate das súas pistas de atletismo, aparte de mencionar que as instalacións so se estaban a usar para un fin que nada tiñan que ver co deportivo – ainda que nos parecía moi bo uso o que se destinaban-. Faciamos alusión nesta moción a imposibilidade de que o Club del Mar fixese uso das mesmas porque nos estaban preparadas para a competición futbolística. A Sra. Alcaldesa respostábanos, entre outras cousas, que se estaba a traballar para que se puidese xogar en Celeiro.
Tres anos despois de promesas incumplidas e reivindicacións constantes por parte do Club del Mar de fútbol de Celeiro, este sigue sin poder utilizar ditas instalacións, a pesares de que o Concelleiro de deportes lles prometera, si ou si, que en setembro do 2016 empezarían a súa terceira temporada xogando en Lavandeiras.
Tal e como nos indican desde o propio Club os arranxos para poder xogar e entrenar non serían moitos: construccións duns vestiarios – servirían unhas casetas modulares -, vaiado do rectángulo de xogo – podería colocarse o antiguo vaiado do Cembedo – e alumeado en condicións.
Por este motivo, aparte de que unha vez que se dote convenientemente esta instalación para a súa práctica deportiva podería ser utilizada por outras entidades deportivas, propoño ó pleno da Corporación a aprobación dos seguinte ACORDOS:
ACORDOS
1. Instar a Sra. Alcadesa para que consiga os recursos necesarios – ben sexa con fondos propios ou en colaboración con outras administracións ou entidades privadas – para dotar dos servicios que precisa dita instalación deportiva para o seu uso como tal.
2. Informar puntualmente a este Pleno das negociacións levadas a cabo para acadar os recursos que financien estas actuacións.
3. Adquirir o compromiso de que o Club del Mar de fútbol de Celeiro poderá xogar os partidos da tempada 2017- 2018 nestas instalacións.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP