San Cibrao 31 de Decembro de 2016. A mañá do último día do ano amenceu en San Cibrao coa celebración dunha San Silvestre con carácter non competitivo, donde tanto pícaros coma maiores que se achegaron ao evento puideron disfrutar, baixo unha climatoloxía inmellorable, dunha mezcla entre deporte e diversión.
E que neste remate do ano a Asociación Cultural Arroutados animou a xente a vir disfrazados para percorrer 3km polo entorno do pobo de San Cibrao. A caracter non competitiva do evento fixo que a xente o pasara ben e que deran un especial colorido para despedir 2016. Ao rematar a carreira de adultos entregaronse trofeos aos mellor disfrazados en categoría individual, por parellas e en grupo. Tamén os máis pequenos disfrutaron dun percorrido para eles dando unha volta á Plaza dos Campos, e entregouselles gominolas a todos eles para que recuperaran forzas. Así mesmo dende a Concellería de Deportes e Cultura os conselleiros J. Soto e Dolores García entregaron tamen aos participantes unhas bolsas deportivas co anagrama Cervo Deporte. O presidente da A.C. Arroutados, Marcos González Villares, quixo destacar nesta segunda celebracióna da San Silvestre a boa disposición e o bo ambiente que se xenera neste tipo de eventos que tan necesarios son e que tan bos momentos fan pasar tanto aos participantes coma os organizadores