Mondoñedo, 1 de xaneiro de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, entregaron este sábado os premios aos gañadores do concurso fotográfico convocado polo Concello baixo o lema ‘O meu recuncho de Mondoñedo”.
Dende o Goberno local convidaron aos mindonienses a participar nesta iniciativa a través do envío de fotografías cos seus lugares favoritos da localidade, co obxectivo de elaborar coas imaxes recibidas un calendario 2017.
Elena Candia e Alberto García agradeceron a boa acollida que tivo o concurso ‘O meu recuncho de Mondoñedo’, que na súa primeira edición recibiu 74 fotografías, “todas merecentes de ser incluídas no calendario”, aseguran.
Entre o total das imaxes que os participantes remitiu ao Concello, un xurado composto por fotógrafos profesionais do eido xornalístico e artístico e por membros da Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo, seleccionaron 13 fotografías, unhas delas para a portada do calendario e as restantes para cada mes do ano. O calendario municipal 2017 remitirase a todos os fogares de Mondoñedo.
Autores das trece fotografías seleccionadas para confeccionar o calendario:
• Portada: Carme Bouso
• Mes de xaneiro: Andrea Gacio
• Mes de febreiro: Celia Trashorras
• Mes de marzo: Ester Otero
• Mes de abril: Gonzalo Sánchez
• Mes de maio: Marta Rodríguez
• Mes de xuño: Lucía López
• Mes de xullo: Melba Paz
• Mes de agosto: Diego Muruais
• Mes de setembro: Anxo García
• Mes de outubro: Cristina Carracedo
• Mes de novembro: Maite Baamonde
• Mes de decembro: Anxo G. Ferreiro
O xurado encargado de fallar os premios do concurso ‘O meu recuncho de Mondoñedo’ tamén elixiu as tres melloras fotografías de entre todas as recibidas. Os gañadores recibiron un diploma e un libro, galardoado co premio Planeta, de mans da alcaldesa e do concelleiro delegado no acto que se celebrou este sábado no Salón de Plenos do Concello.
Durante a entrega de premios, que presentou Gilberto Ares, tamén se presentou oficialmente o calendario nado a raíz desta iniciativa fotográfica. No transcurso do acto, fíxose entrega ademais dun exemplar do calendario a cada un dos trece autores das imaxes seleccionadas.
Os tres premiados foron Celia Cabanas Trashorras, Cristina Carracedo e Gonzalo Sánchez Díaz. Así, Candia e García quixeron agradecer tanto “ao xurado pola súa complicada labor como a todos os participantes”, ao que engadiron que “somos conscientes de que calquera foto podería ser gañadora, polo que non se establece unha orde entre os galardoados”.
A alcaldesa e o edil amosáronse de novo moi contentos con esta iniciativa e co seu resultado xa que “nos permite desenvolver o sentimento que temos pola nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Así, volveron a destacar o aspecto “sentimental” desta iniciativa xa que “permitiu aos participantes mergullarse nas súas vivencias na cidade e no rural, recorrer os recunchos que máis lles apaixonaron e facelo en complicidade coa familia”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



