Lugo 10-1-17.O Goberno da Deputación financiou na Mariña con 391.000 euros un total de 72 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e pesqueira, así como a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 14 Concellos mariñáns aos que pertencen os colectivos veciñais, que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
O número de actuacións (72) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Mariña, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan. A finalidade destas subvencións foi a seguinte:
– Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 4 axudas duns 20.477 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están en produción. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.
– Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 89.500 euros para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.
– Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 13 axudas de 61.432 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.
– Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 11 axudas de 124.443 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.
– Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 7 axudas de 60.200 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.
– Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 6 axudas de 34.905 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.
Distribución por Concellos
O Goberno da Deputación achegou á Mariña 390.952 euros, que representan preto do 20% dos fondos do seu plan de impulso ao rural e ao sector primario. Por Concellos, este orzamento distribúese do seguinte xeito:
•En Barreiros o Goberno da Deputación investiu un total de 25.814 euros en 4 axudas: 1 para o recuperación de terras abandonadas, con 3.535 euros; 2 para a creación de invernadoiros, con 10.300 euros; e 1 para a mellora de accesos públicos, con 11.979 euros.
•En Burela o Goberno da Deputación investiu un total de 14.861 euros en 5 axudas, todas elas para a mellora de embarcacións de pesca de baixura, así como para dotalas de equipamento.
•En Cervo o Goberno da Deputación investiu un total de 5.414 euros en 2 axudas, todas elas para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e dotalas de equipamento.
•En Foz o Goberno da Deputación investiu 18.366 euros en 4 axudas: 3 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 8.966 euros; e 1 para melloras na rede de abastecemento de auga, con 9.400 euros.
•En Lourenzá o Goberno da Deputación investiu un total de 51.460 euros en 9 axudas: 6 para melloras de invernadoiros, con 26.058 euros; 2 para melloras en accesos, con 19.292; 1 para traídas de auga con 6.110 euros.
•En Mondoñedo o Goberno da Deputación investiu un total de 87.698 euros en 10 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 3.900 euros; 1 para a creación de invernadoiros, con 5.500 euros; 4 para melloras en accesos públicos, con 47.254; 2 para o arranxo de traídas de auga, con 17.325 euros; 1 para equipamentos en centros sociais, con 2.509 euros; e 1 para restauración de locais sociais, con de 11.208 euros.
•En Ourol o Goberno da Deputación investiu 10.000 euros na mellora dunha rede de abastecemento de auga.
•Na Pontenova o Goberno da Deputación investiu un total de 32.463 euros en 4 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 1.075 euros; 2 para melloras en accesos públicos, con 23.999 euros; e 1 para o arranxo dunha traída de auga, con 7.388 euros.
•En Ribadeo o Goberno da Deputación investiu un total de 34.624 euros en 6 axudas: 2 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e dotación de equipamento, con 5.969 euros; 1 para melloras en accesos públicos, con 9.923 euros; 1 para traídas de auga, con 10.000 euros; 1 para dotación de equipamento nun centro social, con 2.041 euros; e 1 para obras de restauración nun local social, con 6.692 euros.
•En Riotorto o Goberno da Deputación investiu un total de 29.464 euros en 3 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 11.967 euros; 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.500 euros; e outra para melloras en accesos públicos, con 11.997 euros.
•No Valadouro o Goberno da Deputación investiu un total de 17.655 euros en 3 axudas: 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.200 euros; 1 para equipamento dun centro social, con 6.200 euros; e 1 para restauración dun local social, con 6.225 euros.
•No Vicedo o Goberno da Deputación investiu un total de 13.325 euros en 4 axudas: 3 foron para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 7.825 euros; e outra para a creación dun invernadoiro, con 5.500 euros.
•En Viveiro o Goberno da Deputación investiu un total de 32.288 euros en 11 axudas: 10 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 28.914 euros; e 1 para a creación dun invernadoiro, con 3.374 euros.
•En Xove o Goberno da Deputación investiu un total de 17.520 euros en 6 axudas, todas elas dirixidas á mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



