Lugo 27-1-17. O Executivo acordou este venres na Xunta de Goberno as derradeiras obras do Plan Integral da rede viaria provincial do 2016. O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, explicou que se tratan de actuacións de 1.644.224 millóns de euros para arranxar 30 quilómetros de 8 vías en 6 municipios. Con estes traballos, o Goberno Provincial suma a través de dita programación un investimento total de 6 millóns e 120 quilómetros de melloras en 40 estradas de 26 Concellos.
As actuacións acordadas na sesión de hoxe son as seguintes:
– En Xermade, o Goberno aprobou a contratación de melloras nun treito de 2 quilómetros, concretamente, entre os puntos quilométricos 2 e 4, da LU-P-2204, de Momán ás Pontes a Porto Souto, con 284.024 euros.
Estes traballos súmanse aos executados entre os quilómetros 0 e 2, con outros 250.000 euros. O obxectivo e compromiso cos veciños do Executivo da Deputación é arranxar toda a vía ao longo do actual mandato.
Tamén en Xermade, o Goberno aprobou a contratación do arranxo dun treito de 2 quilómetros, dende o 10,200 ao 12,200, da LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Foxo de Penamaior e rampa a Xermade, con máis de 95.300 euros.
– En Vilalba, o Goberno aprobou a adxudicación das obras de mellora dun treito de case 1 quilómetro, dende o 4,670 ao 5,490, da LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín, con case 50.000 euros.
– Na Pontenova, o Goberno aprobou a contratación do arranxo dun treito 11 quilómetros, dende o 16,500 ao 27,570, da LU-P-1904, da Fonsagrada á Pontenova, con preto de 203.000 euros.
Tamén no municipio pontenovés, acordou iniciar o proceso de adxudicación das melloras dun treito de máis de 4,3 quilómetros, dende o 0 ao 4,360, da LU-P-4802, de Xinzo por Navallo a Ponte Soutelo, con 514.400 euros.
– En Pol, o Goberno acordou a contratación das obras de acondicionamento dun treito de case 1,5 quilómetros, dende o 3,510 ao 5,010, da LU-P-4603, de Torneiros por Hermunde a Pol, con 61.100 euros.
– Nas Nogais, o Goberno aprobou o inicio do proceso de contratación das actuacións de mellora dun treito de 5,7 quilómetros, dende o 0,100 ao 5,800, da LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á C.P.-4504, con 104.000 euros.
– En Sober, o Goberno acordou arranxar un treito de case 2,5 quilómetros, dende o 8,260 ao 10,720, da LU-P-5903, de Sober a Doade, con 332.400 euros. O proceso de contratación destes traballos porase en marcha nas vindeiras semanas.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



