Foz, 27 de xaneiro de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fai unha valoración moi positiva do pleno da corporación municipal celebrado onte, no que se aprobaron todas as propostas presentadas polo equipo de goberno e algunhas delas por unanimidade. En cambio a moción dos socialistas para municipalizar o servizo de subministro de auga non contou co apoio de ningún dos demais grupos.
Javier Castiñeira dixo que “a valoración do equipo de goberno do Concello de Foz, do Partido Popular, do pleno do día de onte é moi positiva posto que as propostas que levou o equipo de goberno saíron todas adiante e moitas delas por unanimidade de todos os grupos”.
O rexedor focego engadiu que “hai que ter en conta que eran varios regulamentos de funcionamento que foron consensuados e houbo un traballo previo importante. Principalmente o regulamento de funcionamento do arquivo municipal, tamén o regulamento de ficheiros de protección de datos, pero sobre todo, moi importante, o regulamento de funcionamento da Escola Municipal de Música. Todos eles foron apoiados por unanimidade, por todos os grupos, pero era algo no que se veu traballando durante varios meses. Tamén se aprobou o contrato definitivo dos servizos sociais no que é a lei da dependencia, á empresa Servizos Sociais San Roque S.L.”.
O alcalde de Foz quixo “salientar un punto que traía o Partido Socialista, no que se quedou só, que era a municipalización do subministro de auga e a creación dunha mesa pola auga. Chamounos a atención ao resto dos grupos que o propuxera o Partido Socialista, que estivo gobernando 16 anos neste Concello e o único que fixo foi prorrogar os contratos da empresa concesionaria, en contra incluso dos informes dos técnicos. Non foi capaz nin de sacar o concurso público, chegando no ano 2007 a facelo xusto antes das eleccións, cando tiña maioría absoluta, sabendo que a podían perder; e fixérono nun dos últimos plenos desa lexislatura, sacando ademais da auga tamén o saneamento e a depuración”.
Para Javier Castiñeira “o Partido Socialista non ten ningunha potestade para falar de municipalización; e, ao contrario, o Partido Popular e o equipo de goberno entendemos que é un servizo complexo e o que hai que facer é esixir á empresa que dea un bo servizo e se non se dá loxicamente haberá que facerlle as reclamacións pertinentes”.
O alcalde focense anunciou que “dentro duns meses sairá un novo concurso público. O Partido Popular está en que haxa competencia nese concurso público e que sexa a empresa que mellor preparada estea a que o leve, ao contrario do que fixo o Partido Socialista, que prorrogou dúas veces por vinte anos o contrato que había de cinco”.
Castiñeira asegurou que “hai transparencia absoluta neste asunto e o que non admitimos é ningunha lección do Partido Socialista porque fixo totalmente o contrario do que di; e así se lle dixo, que nesta cuestión a súa opinión era totalmente hipócrita, pois fixeron o contrario do que viñan dicindo nesta moción”.
O rexedor mostrouse “contento porque foi un pleno interesante onde se sacaron adiante asuntos importantes; e séguese demostrando que existe un bo clima na corporación á hora de tomar acordos importantes, que os temas de política xeral cada vez son menores e as mocións e as proposicións son de asuntos do concello, o que é unha diferenza importante coa lexislatura anterior”.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



