Lugo, 04 de febreiro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina anualmente algo máis de 25.000.000 euros a sufragar os servizos de comedor e transporte escolar nos colexios e institutos da provincia de Lugo (en concreto, 25.026.575 euros no 2016).
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, deu hoxe a coñecer os datos relativos á prestación de ambos servizos e destacou o esforzo inversor que “proba a aposta do Goberno de Galicia polo ensino público e polo rural”.
Así, explicou Balseiro, a consellería xestiona os comedores escolares de 104 centros lucenses, dos que fan uso este curso 10.361 alumnos e alumnas.
Igualmente, utilizan o transporte escolar 9.291 nenos e nenas de 119 centros da provincia. A prestación deste servizo obriga a asinar 657 contratos coas empresas de transporte que cobran diariamente 710 rutas.
A maiores, a consellería inviste 79.439 euros en 43 axudas individualizadas para sufragar os custos de desprazamento das familias en casos puntuais nos que resultaría complexo habilitar unha ruta.
En xeral, a maioría dos alumnos que utilizan o transporte escolar tamén fan uso do servizo de comedor.
O delegado territorial subliñou que a Xunta organiza os servizos educativos complementarios co obxectivo primordial de “salvar as dificultades de acceso ao ensino derivadas da dispersión xeográfica e doutras situacións de desvantaxe social, económica ou de calquera índole” e garantir en todo o territorio o dereito fundamental dos nenos e nenas a recibir unha educación básica obrigatoria e gratuíta de calidade.
Nesta liña, incidiu en que estes recursos complementarios son fundamentais para que “con independencia das situacións de partida, todos os alumnos teñan acceso á educación sen limitacións”. Ademais, engadiu, “son un importante instrumento para a conciliación da vida laboral e familiar”.
O delegado destacou que os orzamentos da Consellería de Cultura e Educación para o presente ano medraron nun 2,87%, o que permitirá reforzar a aposta polos programas de mellora educativa, das infraestruturas e dos servizos complementarios.
“Continuaremos así -afirmou Balseiro- apostando pola equidade do sistema educativo e pola súa mellora cara á excelencia”. Ao respecto, lembrou que segundo o último informe PISA o sistema educativo galego é o máis equitativo dos países que participan no estudo.
“Unha boa oferta de servizos educativos complementarios inflúe directamente sobre o grao de equidade do sistema educativo, xa que están orientados a compensar desigualdades no acceso á educación”, concluíu o delegado.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



