Lugo, 3 de febreiro de 2017. O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, entregaron este venres os diplomas a 30 traballadores públicos, que participaron no Plan de Formación do 2016. En total, o organismo provincial ofreceu durante o ano pasado 22 accións formativas, nas que se formaron 795 empregados dos Concellos da provincia e da propia Deputación.
Foron 681 horas de formación, nas que se abordaron os seguintes temas como, por exemplo, xurídicos e procedimentais (274 horas); novas tecnoloxías da comunicación (92 horas); temas específicos para determinados colectivos, como a policía (81 horas); recursos humanos (70 horas); administración electrónica (54 horas); económicos e orzamentarios (40 horas); transparencia e bo goberno (40 horas) ou prevención de riscos laborais (30 horas).
Formación nos Concellos
O departamento de Formación da Deputación dirixe a súa oferta formativa tanto aos empregados do organismo provincial como aos Concellos lucenses. A programación dirixida aos municipios canalizouse, principalmente, a través do Plan Agrupado de Formación Continua, que contou o ano pasado con 600 participantes. Destes, 379 corresponderon a persoal das entidades municipais e 221 a empregados da Deputación. A distribución por comarcas dos 379 participantes dos Concellos foi: 73 da Comarca da Mariña; 64 da Terra Chá; 118 da Comarca de Lugo; 30 da Comarca de Sarria; 12 da Comarca da Ulloa; 42 participantes da Montaña; e outros 40 de Lemos e Chantada.
Accións en curso
Os recentes cambios nas normativas do sector público provocaron unha alta demanda de dúas das accións formativas que están a celebrar actualmente a súa segunda edición. Trátase dos cursos O procedemento administrativo local tras a reforma da Lei 39/2015, no que están a participar 50 persoas, e o curso Lei 40/2015 de Réxime Xurídico do Sector Público, con 52 participantes. Ademais, para atender a listaxe de espera, está previsto que neste mes comece a terceira edición do curso sobre procedemento administrativo, con outros 55 inscritos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



