Lugo, 23 de febreiro de 2017.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, aprobou o listado provisional de adxudicatarios para ocupar 18 vivendas de promoción pública situadas en seis concellos da provincia.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que estas vivendas adxudicaranse tras o período de alegacións, e matizou que o IGVS convocou 21 vacantes pero en tres casos non se rexistraron solicitantes.
Así, tras deste último proceso, quedarán adxudicadas seis vivendas en Becerreá, dúas en Muras, tres en Chantada, tres en Viveiro, outras tantas en Vilalba, e unha en Lugo, na promoción de Garabolos, neste caso adaptada para persoas con mobilidade reducida. O acceso ás vivendas pode realizarse en compra ou en aluguer, segundo os casos.
Sen embargo, quedaron sen adxudicar por falta de demandantes inscritos que cumpran os requisitos unha vivenda en Viveiro e outra dúas no casco histórico de Lugo, estas tamén restrinxidas á quenda de persoas con mobilidade reducida.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asegurou que o IGVS intentará adxudicar tanto estas como as vivendas que vaian quedando baleiras ás familias que as necesiten. Para axilizar este proceso, engadiu, quedaron xa aprobadas listas de reserva en varios municipios.
Deste xeito, indicou, “tan pronto como o IGVS ten de novo unha vivenda dispoñible pode proceder de inmediato ao chamamento doutras persoas inscritas seguindo a lista previamente aprobaba tras sorteo ante notario e seguindo a orde establecida no mesmo”.
O delegado territorial subliñou que o Goberno autonómico está a realizar un esforzo para “dar resposta ás necesidades das familias facilitando o acceso a unha vivenda”, e sinalou que a construción de promocións de vivendas de protección oficial é unha forma de dotarse dos instrumentos necesarios para poder ofrecer solucións ás familias con problemas en materia de vivenda.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



