Viveiro 3-2-17. Na sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado mércores, deuse resposta ás preguntas formuladas por un dos Concelleiros de Grupo Municipal do Partido Popular con respecto ás previsións deste goberno para arranxar a Rúa Grande, en Celeiro. Aínda que xa se deron as respostas oportunas, considero necesario aclarar publicamente certas cuestións, tendo en conta, sobre todo, o elevado número de preguntas que ese grupo ten formulado sobre subvencións da Xunta de Galicia non solicitadas por este concello, tendo que explicar unha e outra vez que, ante unha convocatoria, se valora a acción e importe subvencionable, os requisitos esixidos, a existencia de consignacion, etc., para decidir, en base a todo isto, se procede ou non a súa solicitude, non sendo en ningún caso por causa de descoñecemento ou deixadez.
Cansada de que se pregunte unha e outra vez pola mesma cuestión -por qué este concello non solicita esta ou aquela subvención-, molesta especialmente que se pregunte pola execución dunhas obras que xa se terían realizado se a Xunta de Galicia concedera a este concello unha subvención que, neste caso, si se solicitou.
No Diario Oficial de Galicia de data 20 de xuño de 2016, publicouse a Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións municipais, para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016, que o concello solicitou para a execución das obras segundo o proxecto denominado “Proxecto de reposición de urbanización e mellora da Rúa Grande de Celeiro, Viveiro-Lugo”, por importe de 351.000 euros, co que se pretendía realizar as obras de pavimentación e canalización dos servizos da Rúa Grande, dende o tramo comprendido entre a Casa do Forno e a Igrexa de Celeiro.
Na punto catro desta resolución establecíase que as solicitudes presentadas serían valoradas por orde de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Casualmente, ao Concello de Viveiro non se lle concedeu; é máis, nin siquiera se remitiu resposta ao respecto. Ante esta circunstancia, o propio Concelleiro de Facenda púxose en contacto co organismo correspondente para solicitar información ao respecto, comunicándoselle que xa se agotara o crédito existente e que o proxecto do Concello de Viveiro non estaba incluído entre as obras a subvencionar.
Este equipo de goberno é responsable e consciente das necesidades deste municipio e este ano solicitará novamente á Xunta de Galicia, neste caso a través do Fondo de Compensación Ambiental, a subvención necesaria para a execución das obras de pavimentación e servizos na Rúa Grande, no tramo comprendido entre a Casa do Forno e o cruce do camiño á Candieira.
Agradecería, pois, ao grupo municipal do Partido Popular en vez de limitarse a preguntar, colabore e interceda ante a administración autonómica para conseguir a subvención necesaria para executar as obras referidas.
A alcaldesa
María Loureiro García





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



