Parece incrible que un aparello móbil de telefonía consiga anular a conciencia dun ser humán, véase senón a xente que por culpa de ir wasapeando co móbil cae ó mar, cruza a estrada sen mirar se veñen coches, non miran nin saúdan a ninguén, abstráense do núcleo da sociedade na que viven, …Algunhas persoas levan nunha man o tan querido móbil do que non separan a súa vista e noutra un carrito con un pequerrecho o que non lle fan nin caso. Son moitos os casos das personas aducidas polos móbiles.
Nunha humanidade casi asocial, nas que as persoas son incapaces de relacionarse unhas con outras frente a frente (falo en xeral), é importante o valor que se lle da a estar enviando e recibindo mensaxes de wasap de mañeira continuada, de quen incluso nin coñecen. Os aparellos de telefonía son moi importantes na vida sempre e cando se lles dé de mañeira única o valor que teñen e se utilicen conscientemente, pero se o seu uso non é responsable convírtense nalgo baldío e nun xogo para ignorantes. Saber utilizar de mañeira convinte as novas tecnoloxías non é fácil, hai que ser quen de non pensar que por gañar nun xogo informático un ten máis capacidades que os máis, que contar a vida privada os descoñecidos pode ter consecuencias de gravedade, que por “colgar” fotos dos fillos menores de idade pode acarrearlles un perigo serio e que sempre son máis importantes e sinceros os seres cando se lles mira os ollos.
O aducimento dos móbiles ven dado porque hay personas que teñen a súa vida baleira, non saben como entreterse de mañeira inteligente e práctica, e non consiguen interactuar activamente en conversacións cos máis. E unha mágoa que haxa persoas aducidas polos móbiles. ¿Qué tipo de vida lles esperará?


















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



