O colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza este venres 3 de febrero unha charla informativa onde o avogado Patricio Viveiro informará sobre as hipotecas que incorporan unha cláusula chan e tamén da posíbel nulidade dos gastos de constitución das mesmas (notarías e peritación).
Esta actividade, a primeira que programa neste ano o colectivo viveirés e na que participa o avogado Patricio Viveiro, asesor da asociación Con Lupa, dará comezo ás 20:30 horas na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo da sala.