Cervo, 14 de febrerio de 2017.- O Concello de Cervo vén de iniciar os trámites para poñer en marcha unha Escola-Museo de Carpintería de Ribeira, nas propias instalacións executadas no seu día, no ano 2002, pola Dirección Xeral de Costas.
Deste xeito, solicitóuselle a cesión en uso dese emprazamento, así como as autorizacións pertinentes para adecuar e adaptar o edificio ás necesidades do proxecto, “para convertilo nun museo vivo”, tal como sinalou o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Segundo declarou Villares “estamos a dar xa os primeiros pasos para que a Escola-Museo de Carpintería de Ribeira sexa unha realidade no noso municipio, neste senso, dende o equipo de Goberno estamos a centrar esforzos en preservar un oficio tradicional, singular e único en toda a Comarca, que estivo moi ligado sempre ao noso Concello, como comunidade mariñeira que somos”.
Así engadiu, “debemos loitar por preservar unha actividade de incalculable valor, na que cultura e tradición van da man, e, neste senso, a contrución naval en madeira é unha referencia na historia marítimo-pesqueira con amplo arraigamento popular, no noso Concello, nomeadamente en San Ciprián”.
Polo tanto, “queremos materializar canto antes este importante proxecto, e, a través do Museo-Escola de Carpintería de Ribeira, divulgar e protexer un oficio que custodia valores tradicionais, etnográficos, culturales e patrimonais moi valiosos para nós”.