Ribadeo, 3 de febreiro de 2017. O Concello adquirirá unha nova máquina varredora-aspiradora autopropulsada que se destinará ao servizo de Limpeza. O BOP publica hoxe a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa para a adxudicación do contrato de subministro desa máquina, á que se destinan 65.000 euros de fondos propios. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 20 días naturais desde a data desta publicación no BOP de Lugo.
O concelleiro de Limpeza Viaria, Jorge Díaz, anunciou que “acaba de saír publicado no Boletín Oficial da Provincia, e tamén na páxina do Concello a través do perfil do contratante, o prego para mercar unha varredora nova á que destinarán uns 65.000 euros a cargo de fondos propios do Concello”.
Díaz Freije explicou que “é un vehículo cunhas características diferentes á actual varredora que hai. É un reforzo bastante importante a nivel da maquinaria, que pouco a pouco imos ir aumentado. Creo que é fundamental para que este Ribadeo siga sendo cada día mellor”.
Para o concelleiro nacionalista “é importante para seguir mellorando a limpeza e a imaxe de Ribadeo. Isto é unha pinga máis dentro do traballo que estamos a realizar desde esta área. Nestes últimos tempos estivemos poñendo colectores novos, etc…”.
O edil de Limpeza Viaria engadiu que “todas as empresas que queiran información está todo na web do Concello, no perfil do contratante, e se desexan calquera información aí poden consultalo e está á súa disposición. E tamén no BOP”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



