O Seminario de Estudos do Valadouro presentou este sábado día 11, na Casa da Cultura de Alfoz, o Número 1 da súa revista Candea Branca. No acto tomaron a palabra os tres Presidentes que tivo a entidade na súa historia: Pedro Rubal, Xabier Pardiñas e Pepe Peinó, o actual. Asistiron arredor de medio centenar de persoas, moitas delas colaboradoras na revista e tamén varios socios da entidade. A revista porase agora á venda en bar Rodolfo (na Seara, Alfoz), nas librerías de Ferreira e tamén nalgunha librería de Foz e de Burela.
