Santiago de Compostela, 22 de marzo , 2017. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil lembrou que na última comisión de Fomento do ano 2014, o BNG presentaba de novo a mesma iniciativa destinada a iniciar as negociacións ante ALCOA para o uso comercial do dique norte e naquel momento, o deputado popular mariñán, Jaime Olano rexeitou a proposta argumentando que a iniciativa carecía de “lóxica económica e social” a pesar do informe elaborado por portos de Galiza.
A parlamentaria asegurou que esta iniciativa foi aprobada, “ata tres veces na Deputación de Lugo a instancias do grupo popular” e hoxe congratúlame que o voto do Partido popular sexa favorable.
A deputada explicou que o dique norte do porto Morás, forma parte das estruturas concedidas en 1998 á transnacional ALCOA trala privatización de Alúmina-Aluminio, empresa estatal. A concesión conta cunha vixencia ata o ano 2022 e na actualidade, o dique norte do porto de Morás está “en desuso” e utilizado só como dique de abrigo por ALCOA.
Para a deputada, é preciso poñer en valor o dique norte así como as súas potencialidades polo que debe ser liberado para o seu uso comercial, demanda, dixo, que conta “cun amplo apoio empresarial e comercial” e non só na comarca. Todas as iniciativas presentadas nesta liña, engadiu foron aprobadas en diversos concellos, na Deputación de Lugo, Congreso dos deputados e Parlamento galego pero a pesar dese apoio unánime. “Os gobernos populares e socialistas non fixeron ningún movemento para iniciar as negociacións do dique norte de ALCOA”, hoxe agardamos que a iniciativa que acabamos de aprobar posibilite o uso comercial do dique norte e o BNG velará polo cumprimento do compromiso unánime acadado na Cámara galega.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



