Lugo, 28 de marzo de 2017. O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade este martes as bases sobre o Plan Único que presentou o Goberno Provincial, coas que garante un investimento de 20 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia en claro beneficio dos máis de 300.000 lucenses. Pois o Executivo fixa que canto menos o 70% deste orzamento se adiquen a investimentos, emprego e benestar. Isto supón un mínimo de 14,5 millóns, que poden incrementarse en base ás necesidades e peticións dos veciños, xa que os Concellos teñen autonomía para decidir canto e onde invisten o orzamento que lles corresponde.
Este distribuíse en base a criterios totalmente obxectivos, que foron aprobados pola FEGAMP: superficie, poboación, entidades de poboación e o índice de envellecemento. Son estes 4 os criterios de distribución dos 20 millóns de euros do Plan Único nos 67 Concellos da provincia. Establécese un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio para favorecer o rural. En base a isto, os municipios de Negueira de Muñiz e Rábade, que son de menos poboación e superficie na provincia, reciben preto de 190.000 euros; e os de Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Lugo e Viveiro, con máis veciños e extensión, 500.000 euros.
Melloras con respecto ao 2016
O Executivo Provincial incluiu novidades e melloras neste Plan con respecto ao ano pasado, no que distribuiu cos mesmos criterios máis de 10 millóns, co fin de avanzar na cooperación cos 67 Concellos da provincia e a asistencia aos máis de 300.000 lucenses.
A primeira novidade é o incremento ata os 20 millóns de euros nos fondos de todas as programacións obxectivas e equitativas que xa ofrecía o Goberno da Deputación a todos os Concellos e que agora integra nun único plan ou Plan Único.
Fíxase que como mínimo o 50% dos fondos que reciba cada municipio teñen que destinarse a novos investimentos, e que deberán achegar canto menos a mesma cantidade que recibiron o ano pasado para o POS, DEPUEMPREGO e SAF. Os Concellos terán total autonomía para decidir cales van a ser estes novos investimentos, como son as obras do POS; así como para acordar a que destinan o financiamento restante, cuns límites, que se comentan posteriormente, para gastos correntes, como son as actividades culturais, os eventos deportivos, feiras ou festas; así como tamén o son o DEPUEMPREGO e o SAF, pois financian custos de persoal.
Actividades culturais, deportivas, feiras ou festas
Precisamente, para que se fagan máis investimentos a través do Plan Único, o Goberno da Deputación establece que os Concellos que recibiron unha axuda no 2016 para financiar algunha actividade cultural, deportiva, feira ou festa reban a mesma cantidade no 2017. No caso de non ter recibido axuda na anualidade pasada, poderá solicitar como máximo 8.000 euros para actividade culturais e deportivas, e de 6.000 euros para feiras, mercados, festas de exaltación de produtos.
O Presidente informou que, tras falar con Alcaldes, decidiu non financiar actividades que empreguen animais non domésticos para exhibicións ou comercializacións, así como para espectáculos, por exemplo touradas ou circos. Tamén queda prohibido financiar aqueles eventos nos que se faga un uso sexista da indentidade sexual ou con connotacións pexorativas da identidade sexual ou de xénero.
Anticipo do 80% e prazos
Logo de ser aprobadas as bases no Pleno de hoxe, estas publicaranse no BOP, abrindo un prazo de 1 mes para que os Concellos presenten os seus proxectos. O Goberno da Deputación ofrécelles un anticipo do 80% dos fondos totais que lles corresponden. Deste xeito, inxectaranse nas arcas municipiais 16 millóns de euros de xeito practicamente inmedito.
Programas obxectivos de anualidades pasadas
Durante décadas, con Gobernos do PP na Deputación, existía exclusivamente un único plan que cumpría estas características: o POS. Nos últimos anos, co Partido Socialista na Presidencia da Deputación de Lugo e co Partido Popular na da Xunta de Galicia e na do Goberno Central, producíronse dous importantes cambios:
1.- O Partido Popular, dende os Executivos galego e estatal suprimiron todas as súas achegas económicas para asistir, por igual, en colaboración con esta Deputación, aos máis de 300.000 lucenses dos 67 Concellos da provincia. Por exemplo, o Goberno Central pasou de financiar con máis de 3 millóns de euros o POS a facelo con cero euros; e a Xunta de Galicia pasou de achegar 1 millón de euros ao Servizo a Domicilio nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes a facelo tamén con cero euros.
2.- Malia o anterior, na Deputación, ademais de manter o POS, incrementouse notablemente, con fondos propios ou da Unión Europea, buscando novas fórmulas de financiación, as programacións para asistir por igual aos veciños dos 67 Concellos. O Goberno ofrece gratis e directamente a todos os Concellos, por exemplo, plans de fomento do emprego, como o DEPUEMPREGO; do benestar, como o Servizo a Domicilio ou o de Teleasistencia; do aforro enerxético; das novas tecnoloxías, como o INNOVATE ou o Plan de TIC´s; do medio ambiente, como o Lug02 ou o estudo sobre a xestión de residuos; ademais das axudas de Cultura, Deportes ou Turismo.
Cómpre subliñar que, no 2016 estas programacións obxectivas e equitativas, superaron os 10 millóns de euros. Para este ano, tal e como adiantou o Presidente no Parlamento galego e a pesares de non coñecer os ingresos por parte do Estado para o Orzamento de 2017 e sen ter a liquidación do exercicio anterior rematada para coñecer os remanentes; a previsión inicial era achegar unha cantidade mínimo e provisional de 12 millóns de euros a programacións obxectivos e equitativas nos 67 Concellos. Finalmente, unha vez coñecidos os fondos dos que dispón a Deputación, investiranse 10 millóns de euros do propio orzamento para 2017 e outros 10 millóns de remanentes.
Polo tanto, a distribución de fondos obxectiva e equitativa nos 67 Concellos non é ningunha novidade nesta Deputación, dende que a preside o Partido Socialista. O cambio neste 2017 é que o conxunto das distintas programacións que ofrecíamos aos municipios pasan a integrarse nun único plan, que leva por nome Plan Único.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



