Cervo, 28 de marzo de 2017.- O Concello de Cervo celebrará XIV Encontro de Palilleiras este vindeiro sábado 1 de abril.
Operarios municipais están a traballar estes días na posta a punto das instalacións, adecuando o pavillón da Veiga de San Ciprián que albergará o evento, para que as palilleiras poidan traballar coa máxima comodidade.
Tamén se instalou, así mesmo, unha carpa de gran tamaño na que se ubicarán medio cento de postos de venda de produtos relacionados coa actividade, procedentes de todo o territorio nacional, que están cubertos xa dende hai semanas.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, estiveron supervisando os traballos de acondicionamento que avanzan a bo ritmo, e xa anunciaron que se tivo que pechar a inscrición “porque o aforo do pavillón está completo con máis de 700 encaixeiras procedentes de toda Galicia, e tamén doutras comunidades, fundamentalmente Asturias e Castela León.”
Nesta liña Villares indicou que, un ano máis, recibimos moitísimas chamadas de asociacións interesadas en participar no Encontro esta fin de semana, quedando incluso algunhas fóra, “é moita a expectación que xera este evento no que levamos meses traballando, e é gratificante ver que ese esforzo se ve amplamente recompensado porque nos consta que as palilleiras que veñen a Cervo, quedan con ganas de repetir, e, de feito, a maioría volven visitarnos”.
Con 14 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo -engadiu-, “que cada ano atrae a milleiros de visitantes ao noso Concello, que se convirte esa fin de semana na capital deste arte, unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”.
“O que pretendemos dende este equipo de Goberno é promover eventos que, ademais do inherente valor cultural e tradicional, revirtan económicamente en Cervo e no seu tecido empresarial como é o caso, xa que estimamos que entre palilleiras, acompañantes e visitantes, esta fin de semana visitarán o noso Concello unhas 2000 persoas, que poderán coñecer tamén os atractivos turísticos, gastronómicos e patrimoniais do municipio; conseguindo así, ao tempo, desestacionalizar o turismo; de feito, a ocupación hotelería rondará o 100% no noso Concello e na contorna”.
Ademais, -engadiu o rexedor- “dende o Concello fletaremos autobuses antes do xantar para que os asistentes poidan coñecer o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e a Fábrica, referente non só de Cervo, senon de toda Galicia”.
Pola súa banda, Armada desgranou o programa sinalando que “ás 10:00 horas está prevista a recepción dos participantes e xa ás 12:30 do mediodía terá lugar a inauguración do XIV Encontro de Palilleiras. Ata as 14:00 horas está previsto o enceto dos traballos das palilleiras. Logo de xantar e ata as 18:00 horas, as participantes estarán palillando no pavillón acondicionado para a ocasión.
Durante todo o día –engadiu Armada- “haberá exhibición de fiada de liño e la, a cargo das mulleres de San Bartolomeu de Insua, de Vilalba, e no transcurso de Encontro, faremos entrega de diplomas acreditativos aos mozos e mozas que veñan palillar, ademais de diversos sorteos que temos previstos”.
Ademais, a xornada estará amenizada polo Grupo Folclórico Airiños do Xunco, de Cervo.
Villares e Armada convidaron a todo o mundo a asistir a este Encontro no que se poderá “gozar da beleza dos traballos confeccionados por expertas palilleiras e da súa destreza en vivo, contribuíndo así á conservación e posta en valor deste oficio con gran tradición e séculos de historia”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



