Mondoñedo, 22 de marzo de 2017.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou esta mañá na presentación do programa da Semana Santa 2017, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades locais.
Elena Candia destacou o “intenso” e “moi completo” programa de actos para a Semana Santa mindoniense. Así, explicou que dende o Concello “estamos a traballar para poñela en valor”, polo que o Goberno local está a facer as xestións oportunas para que esta celebración sexa declarada de Interese Turístico Galego.
“A Semana Santa de Mondoñedo é moi antiga e singular e ofrece características de gran beleza, como son a celebración do Vía Crucis cara o Mosteiro dos Picos ademais de que as súas procesións son moi participativas e recollidas, nas que destacan pezas pola súa antigüidade como unha Cruz do século XII e mesmo tallas do século XVII e XVIII”, engade a rexedora.
Programa
A Venerable Orde Terceira presentou o programa que comezará o sábado 8 de abril, coa lectura do pregón, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta, vicario xeral da Diócese de Mondoñedo –Ferrol.
En canto aos actos litúrxicos:
O Domingo de Ramos, 9 de abril, ás 11:00 horas iniciarase a procesión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Paixón do Señor e a Bendición de Ramos. Presidiraa o señor Bispo P. Luís Ángel de las Heras Berzal. As 19:30 é a Procesión do Ecce Homo.
O Mércores Santo, ás 19:00 horas, celebrase o Via Crucis da Penitencia, sae do Santuario Nosa Señora dos Remedios a Capela de San Blas.
O Xoves Santo, ás 17:00 horas, misa da Cena do Señor na Catedral, que preside o Señor Obispo, e ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento. Os pasos desta procesión saen da Igrexa dos Muíños ata a Igrexa da Orde Terceira. Ás 23:00 horas é o acto de Adoración Eucarística.
O Venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que se celebra na zona da Fonte Vella, con tallas do século XVII e XVIII. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Pasión do Señor e Procesión do Santo Enterro, procesión dos homes, que sae da Catedral, e na que participan a urna co Cristo Yacente ou a Cruz do S. XII, mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral, na que soamente participan mulleres, e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.
O Sábado Santo, ás 23:00 horas, é a Vixilia Pascual coa bendición do fogo e procesión co Cirio Pascual na Catedral, ademais do canto do Pregón Pascual, Bendición da Auga e celebración da Eucaristía. A eucaristía é presidida polo señor Obispo.
O Domingo de Pascua é a misa de Resurrección na Catedral.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



