Foz, 13 de marzo de 2017. O Concello de Foz debe un millón de euros á empresa concesionaria do servizo de auga, Getagua. Un millón, que se di rápido. Para entender como chegamos a esta situación, o mellor será repasar o ocorrido nos últimos anos.
1992: Primeira concesión, outorgada polo PP.
1995: Eleccións municipais nas que gana o PSOE en minoría. Un dos puntos do seu programa electoral é a municipalizacicón do servizo da auga. Ese mesmo punto é un dos piares nos que se basea o acordo de goberno entre o PSOE e o BNG.
1997: O PSOE renova a concesión a Gestagua por 10 anos, en contra do seu propio programa e do acordo de goberno co BNG. En consecuencia, o BNG sae do goberno.
2007: O PSOE, a poucas semanas dunhas novas eleccións municipais, renova a concesión por outros 10 anos e ademais inclúe no contrato a xestión da depuradora. Esta decisión está reparada polos servizos técnicos do concello, xa que non se axusta á legalidade.
2008: O PSOE leva a pleno a actualización da tarifa da auga, que o PP vota en contra.
2015: O PP trae a pleno a actualización da tarifa da auga, que o PSOE vota en contra.
2016: O PP trae de novo a pleno a actualización da tarifa da auga, que o PSOE volve votar en contra.
2016: Gestagua reclama unha débeda de máis dun millón de euros, que non xustifica debidamente. O PP intenta rescindir o contrato e facer un novo pola porta de atrás.
2016: O Tribunal do Contencioso de Lugo emite unha sentenza a favor de Gestagua, condenando ao Concello a pagar 440.000 euros de débeda ata 2013 máis unha cantidade indeterminada ata o momento actual. O goberno do PP decide, sen consultar co resto de grupos, non recurrir esa sentenza.
2017: 10 de febreiro: o Concello recibe a comunicación de execución de sentenza, que dá un mes improrrogable para pagar a débeda.
2017: 7 de marzo: O alcalde convoca unha xunta de portavoces urxente para decidir de onde se vai sacar 1.078.000€ para pagar a Gestagua.
E hai moitas cousas que o BNG non consigue comprender. Onde estivo o alcalde entre o 10 de febreiro que recibiu a notificación do xulgado e o 7 de marzo que decidiu informar aos grupos da oposición? Por que o 13 de febreiro o alcalde tentou suprimir o pleno ordinario dese mes alegando que non había asuntos cando tiña enriba da mesa unha sentenza condenatoria? Por que non se convocou ningunha xunta de portavoces para tratar o tema dos orzamentos desde o 11 de xaneiro, cando xa deberan estar aprobados en decembro? Por que o PP e o PSOE cambian o sentido do seu voto sobre o mesmo asunto dependendo do asento que ocupen no salón de plenos?
Non podemos permitir que o señor Castiñeira manexe os prazos ao seu antollo e conveniencia, facendo deixadez das súas responsabilidades. A súa falta de xestión neste caso levounos a esta situación de débeda, que vai limitar o investimento no noso Concello para os próximos exercicios. No BNG seguimos apostando, como fixemos sempre, pola remunicipalización do servizo da auga, de xeito que non teñamos que sufrir presións por parte da empresa concesionaria nin teñamos que pagar as consecuencias dunha pésima xestión por parte do alcalde de turno.
Lorena Seivane
Teresa Rego
Voceiras do BNG de Foz





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



