Este sábado día 18, as 19:30h. da tarde na Aula de Formación do Concello de Xove, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, fará a Presentación das Rutas de Sendeirismo-2017. Nesta Presentación darase a cada asistente un Calendario de Rutas, farase unha explicación de cada unha delas, e tamén se falaran asuntos de organización para a presente tempada de Sendeirismo.
Dende o Grupo de Sendeirismo, queremos invitar a todolos amantes das Andainas na Natureza, a camiñar con nós.