A asociación de sendeirismo Paso Miúdo fará o vindeiro día 19 a Ruta de Castañoso en A Fonsagrada ( Lugo) para logo degustar o seu cocido.
A saída será dende a casa da cultura de Ferreira ( O Valadouro) as 8:00 da mañá.
Os prezos para esta ruta son: 25€ socios e 35€ non socios.
Estes prezos inclúen: Comida ( cocido da Fonsagrada), autobús e seguro de responsabilidade civil.


























O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



