Mondoñedo, 16 de marzo de 2017.- Directivas da Fundación norteamericana internacional ISHR (Solidarity for Human Rights) visitaron hoxe Mondoñedo convidados pola alcaldesa, Elena Candia, para presentar o seu proxecto de divulgación dos dereitos humanos a través da arte. A rexedora recibiunos no salón de Plenos.
A continuación, os participantes no encontro fixeron un percorrido polos edificios e zonas máis representativas e históricas da cidade, como son a Catedral e o Seminario, xunto coa súa biblioteca, o Centro de Interpretación do Camiño e un obrador de tartas.
A rexedora destaca a importancia dunha visita que define como “moi positiva” e valora, de xeito especial, que a Fundación ISHR decidira hoxe volver á localidade de novo no mes de setembro.
‘A Ruta dos Dereitos Humanos’
A Fundación ISHR é unha sociedade sen ánimo de lucro establecida no 2008, que promove a divulgación dos Dereitos Humanos a través da educación e das artes. A International Solidarity for Human Rights xunto a plataforma turística Where is Asturias impulsaron a iniciativa ‘A Ruta dos Dereitos Humanos’, que abarca varias accións pioneiras en Europa, dirixidas a divulgar os principios da Declaración Universal dos Dereitos Humanos a través do Camiño de Santiago.
Por un lado, conscientes da relevancia adquirida polo Camiño de Santiago, no 2015 a presidenta da Fundación Elisabeth Sánchez Vegas e a directora Devorah Sasha percorreron o Camiño Primitivo, visitando colexios co obxecto de formar ao alumnado nos dereitos humanos. Xa no 2016, iniciaron de novo unha viaxe a través do Camiño Primitivo, para colocar placas representativas dos artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948, entre Oviedo e Santiago de Compostela.
Visita a Mondoñedo
Coincidindo cunha nova visita á Galicia para continuar coa colocación das placas, a alcaldesa de Mondoñedo invitou ás directivas da asociación a desprazarse ata a localidade, por onde transcorre outras da rutas do Camiño de Santiago, a do Norte e tendo en conta que, segundo os promotores da iniciativa, o Camiño e os Dereitos comparten valores comúns como son o da solidariedade e o da unión.
Na visita mindoniense participaron a presidenta e a directora da Fundación, Elizabeth Sánchez Vega e Devorah Sasha, respectivamente, acompañadas dunha das embaixadoras e patroas da Internacional Solidarity for Human Rights, Wilma Bulkin Siegel, académica pioneira na investigación oncolóxica e do SIDA, afamada tamén no seu eido artístico dado os seus retratos realizados sobre temas sociais.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



