Viveiro 16-3-17. Tras unha xuntanza coa Asociación Mariña Patrimonio, esta Alcaldía púxose en contacto coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para solicitar unha reunión na que falar dos xacementos arqueolóxicos de San Xoán Vello e a Cova da Doncela (tamén coñecida para Forno dos Mouros). Esa reunión tivo lugar o pasado 13 de marzo e nela estiveron presentes a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, o Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, o Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, o Xefe do Servizo Arqueolóxico, dous membros da Asociación Mariña Patrimonio, un membro da Colectivo Pensamento e Sementeria, o 3º Tenente de Alcalde e mais esta Alcaldía.
Nun ambiente de cordialidade e boa disposición por parte desa Dirección Xeral, explicouse que o motivo polo que se tiña solicitada esta xuntanza era dar a coñecer a situación na que se atopan estes dous xacementos e solicitar que, por parte de Patrimonio, se adopten as medidas necesarias para preservar a súa conservación e se inclúan no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos. Fixose, ademais, referencia á denuncia que Mariña Patrimonio remitiu en xuño de 2016 ao Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo polos movementos de terra que se viñan realizando en San Xoán Vello, probablemente ocasionados por espoliadores.
Por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural explicouse, entre outras cuestións, que a nova normativa existente ao respecto, segundo a cal as comunicacións de descubrimentos de xacementos arqueolóxicos ou as solicitudes de protección e declaración destes bens deben remitirase a esa dirección xeral acompañadas da documentación na que, de forma razonada e completa, se acredite que o ben referido pode ser susceptible de obter a declaración referida.
Tras esta reunión e tendo en conta a importancia de preservar estes xacementos, o concello adoptará as medidas oportunas, dentro das súas posibilidades e competencias, para conseguir que tanto San Xoán Vello como a Cova da Doncela sexan incluídos, se corresponde, no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio Culural, conseguindo deste xeito a protección que merecen e a súa posta en valor.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



