MONDOÑEDO, 10 de marzo de 2017.- O deportista de alto nivel Siro Maseda Varela será o encargado de poñer de novo en marcha o servizo de ximnasio municipal que se localizará nun primeiro momento no baixo da Casa da Cultura de Mondoñedo.
O Concello vén de adxudicar o contrato de prestación de posta a disposición da poboación municipal mediante contraprestación económica dun local destinado a ximnasio así como de actividades dirixidas a diferentes colectivos da poboación, por un período de dous anos, prorrogable por outro máis.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, lembra que o Concello dispón dun local adaptado para ximnasio, que conta coas dotacións mínimas necesarias para o funcionamento e que, por renuncia do anterior adxudicatario, atópase pechado. A rexedora destaca a importancia de reactivar este servizo para o uso dos veciños o que, ademais, “actuará como un incentivo á práctica de actividades deportivas e sociais”.
Candia tamén precisou que as melloras que require o local do baixo da Casa da Cultura serán asumidas polo adxudicatario ademais de que, segundo o prego de cláusulas que rexen o contrato, “o ximnasio poderase trasladar unilateralmente polo Concello ao local situado no pavillón municipal”. “A idea é centralizar nesta zona toda a práctica deportiva e estamos buscando financiamento para nun futuro acondicionar o ximnasio na nova localización”, precisa a popular.
Currículo de Siro Maseda
A alcaldesa da localidade tamén quixo poñer en valor o currículo do adxudicatario tanto no eido da súa formación académica como da súa carreira deportiva. A rexedora destacou que é adestrador persoal, monitor de fitness/musculación e instructor de actividades dirixidas, como son pilates ou ciclo-indoor; ademais de masaxista deportivo. En canto a súa carreira, Siro Maseda é deportista de alto nivel, “ultrafondista que participou en carreiras internacionais de resistencia por montaña”, explica a alcaldesa. Competiu na Ultra Trail Montblanc, (168 quilómetros), recorrendo os Alpes en 38 horas; en catro traveseiras de Picos de Europa; ademais de no Ultramaratón El Soplao(123 quilómetros) e no Ultra Trail Picos de 55 quilómetros. Na actualidade está entre os 33 españois que asistirán ao Tor Des Geants, duns 330 quilómetros que recorre os Alpes italianos. Ademais, Siro Maseda competiu en múltiples carreiras populares, medias maratóns e trails de montaña de menos distancia.
























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
