Burela, a 29 de marzo de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela mostrou hoxe a súa “satisfacción e valoración mui positiva da ampliación do IES ‘Perdouro’, rematada recentemente, obra que foi recibida oficialmente pola Xunta este luns. Os compromisos adoptados no seu día pola Xunta cumplíronse escrupulosamente”.
Os populares consideran que “o centro precisaba unha ampliación para aumentar a súa oferta educativa, en concreto a Formación Profesional Básica, e a Xunta cumpliu os compromisos que no seu día, o 27 de marzo de 2015, fixo o luns exactamente dous anos, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, lles transmitira na sede da Xunta en Lugo ó Director do Centro e ó entón alcalde José María González Barcia, ainda que a xestión da obra xa comenzara co anterior conselleiro, Xesús Vázquez”.
Desde o GMP afirman que “con este investimento de prácticamente medio millón de euros a Xunta do Presidente Núñez Feijoo demostra o seu compromiso co ensino público, e tamén o seu compromiso con Burela, algo que nos satisface e que sabemos apreciar, e que seguramente moitos cidadáns tamén o fan”.
Finalmente, indican que “como Grupo Municipal, tamén é unha satisfacción que obras que nós xestionamos na nosa etapa de goberno municipal, neste caso en colaboración coa dirección do centro, sexan unha realidade, realidade que beneficiará sen dúbida á alumnado do IES ‘Perdouro’”.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



